BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP LUÍS SEOANE. MAIANCA-OLEIROS.

sábado, 11 de maio de 2024

sábado, 4 de maio de 2024

Lánzate á aventura , escolle unha lectura.

Xa para rematar a conmemoración da Semana do libro presentouse a actividade "Lánzate á aventura , escolle unha lectura", podcasts de  recomendacións literarias infantil-xuvenil elaborados polo equipo de colaboradores da biblioteca escolar xunto coa clase de 6ºC de EP.

Esta actividade presentouse no Día da ciencia .


venres, 3 de maio de 2024

Cita a cegas

Seguindo coa programación para a semana do libro  realizouse a actividade Cita a cegas , onde os nenos e nenas levaron un libro en préstamo  envolto en papel de agasallo sen saber que  libro lles tocaría.






Libro busca casa

Na Semana do libro realizamos  tamén a actividade "Libro busca casa", onde os  libros que deixan de formar parte da nosa biblioteca para dar paso a outros novos , foron postos en exposición para que aqueles nenos e nenas  que así o quixeran, leváranos de agasallo;  a cambio os nenos e nenas  cubriron unhas notiñas de agradecemento expostas nun mural elaborado para tal fin.

Había libros moi interesantes que xa teñen unha segunda vida.






Contacontos en Infantil-Mes de maio

No día de hoxe tivemos en 6º de EI a Adriana  e Loli ,  a mamá  e a madriña de Breogán, que viñeron a contarnos " A que sabe a Lúa?" en lingua de signos.Os nenos e nenas  aprenderon ademais a dicir de forma xestual  palabras como lúa ou tartaruga.

Tamén Beatriz, a mamá de Clara, contounos "El lobito azul".





Tartaruga 


                  Lúa                    
              

Marabillosos! Mil grazas!

Contacontos en Infantil-Mes de abril

Este pasado mes de abril tivemos dous contacontos en 6º de EI.

Domindo , o pai de Carmen , contounos "La casa de Tomasa" e Sofía, a mamá de Vera, "Así es mi corazón" e "Cierra los ojos" .




Marabillosos! Mil grazas.