BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP LUÍS SEOANE. MAIANCA-OLEIROS.

mércores, 28 de abril de 2021

Contacontos

Os nenos e nenas  colaboradores da biblioteca realizaron unha sesión de contacontos para a clase de 6º  A de E Infantil .

1ºConto-Como mola tu escoba, lido e interpretado por Fabián e Marina.





2º Conto-O soño do osiño rosa, con Valeria , Paula , Inés, Saray e Gabriel.





Queda inaugurada a  actividade de  contacontos !!!!

martes, 27 de abril de 2021

Recoméndanos un libro!

Os nenos e nenas de 5ºB xunto coa súa profe Araceli, envíannos estes 3 estupendos vídeos  de recomendacións de lecturas.

Esperamos que vos gusten!


             

 

             

 

           

domingo, 25 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO

Este ano no cole para conmemorar o Día do libro realizáronse dúas actividades:

-A primeira delas denominouse:

O Día do libro quixo

un poema e un sorriso

Dita actividade partiu da necesidade de ver o sorriso do noso alumnado despois de todos estes meses coa máscara posta, e deseñouse unha actividade onde os nenos e nenas, profes e persoal non docente escribinse un poema acompañado dunha foto deles sen máscara.

Dito poema podía ser de elaboración propia ou dun poeta recoñecido.

Proporcionouse modelos para a actividade pero deixando liberdade á hora de escoller o formato.




A participación foi moi alta.
E comezamos a expoñer os traballos realizados.


-E a segunda actividade foi  o Apadriñamento lector dos nenos e nenas de 6º de Primaria a 6º de infantil.

Realizaron  contacontos en vídeo e se o tempo o permite contaránllelos de forma presencial ao aire libre durante os vindeiros venres.

Os nenos e nenas de 6º de EI enviáronnos debuxos dos contos narrados polos alumnos de 6º.


   














Grazas a todos pola vosa colaboración e participación.