BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP LUÍS SEOANE. MAIANCA-OLEIROS.

martes, 30 de novembro de 2021

Billy y el vestido rosa

Durante toda a semana pasada realizáronse actividades nas aulas e a nivel de centro para conmemorar o 25N.

Dende a biblioteca realizouse unha exposición temática e coa axuda dos nenos e nenas colaboradores da biblio  gravouse un vídeo que inclúe un audio das primeiras páxinas do libro Billy y el vestido rosa.Libro que trata moitos dos prexuizos que aínda persisten na nosa sociedade.

"Unha mañá Billy espertou convertido nunha rapaza .A súa nai púxolle un vestido e mandouno o cole. Billy non saía do seu asombro.Todo cambiara dende que levaba un vestido rosa! Trataranno distinto por ter aspecto de nena?"

venres, 26 de novembro de 2021

Exposicións

Nestes momentos temos 3 exposicións convivindo na biblioteca de E.primaria,unha de novidades e  dúas temáticas: libros terroríficos e monstruosos e  libros relacionados con 25 de novembro, Día contra a violencia de xénero.


 
 
 

 




Seguimos co Reto Lector

Un mes despois de comezar o Reto Lector vemos xa carnets  medio cubertos , nenos e nenas que participan no reto con moito interese. 

Dende o Equipo de biblio estamos moi contento coa

participación .

 Grazas e ánimo!!!!!!


 

martes, 2 de novembro de 2021

INVITACIÓNS DE LEO MOITO

Leo Moito enviou a través dos seus colaboradores invitacións ás aulas para visitar a súa  biblioteca e animar aos nenos e nenas a participar no RETO LECTOR.

Ás aulas de Infantil levaron ademais maletas viaxeiras cheas de libros.


 
                                                 






TEMPO DE MAGOSTOMAÍN

Foron moitas as actividades que se realizaron no cole para conmemorar o Magostomaín. Dende a biblioteca realizouse unha exposición de libros relacionados co Samaín e co Magosto, ademais da ambientación da mesma.




 

RETO LECTOR


xoves, 21 de outubro de 2021

Novo equipo de biblioteca

Dende o luns 18 de outubro a biblioteca está aberta nos tempos de recreo , tanto para préstamo de libros coma para lectura en sala, actividades nas que contamos coa axuda dos nenos e nenas de 5ºA de EP, colaboradores da biblioteca. 

 


                                 BENVIDOS !!!!

              GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

                     
                    

xoves, 24 de xuño de 2021

ENTREGA DE PETOS

O martes 22 realizouse a entrega de petos dos nenos e nenas colaboradores da Biblioteca.


GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

Tamén ese día tivemos a graduación do alumnado de 6º.


OS NOSOS MELLORES DESEXOS PARA ESA NOVA ETAPA QUE COMEZADES NO INSTITUTO

                    UNHA FORTE APERTA!!!!!!!!

mércores, 2 de xuño de 2021

CONTACONTOS 6ºC

Agora tocoulle a quenda aos nenos e nenas de 6ºC, leron e representaron os contos: Salvaje, Monstruo rosa, Rato Tom e rata Tomasa e La pequeña Amelia crece.

Grazas a todos pola vosa colaboración!!!!!










mércores, 26 de maio de 2021

DEMETER & PERSEPHONE

The reason for seasons.

Mitoloxía grega para nenos.

Un fabuloso videoconto en inglés elaborado polos nenos e nenas de 6ºB ,  coa axuda da nosa auxiliar de conversa Ciera.

           

CONTACONTOS 6ºA

Os nenos e nenas de 6ºA  realizaron 2 sesións de contacontos á clase de Bea e Silvia, 6º de Educación Infantil.

Contáronlles : Willy ,el perro casi verde, Judy no se rinde, O gato lambón e Pájaro amarillo.

 




                     

 

GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!!!!!!

domingo, 16 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS 2021-RECITA CON XELA

O día das Letras Galegas é unha conmemoración instaurada en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en galego ou pola súa defensa da lingua.Cada ano adícase a unha personalidade diferente , escollida pola RAG, tendo en conta que se esixen ao menos dez anos dende o seu falecemento. Dende a instauración desta conmemoración, soamente en 1998 adicouse conxuntamente a tres autores ,os poetas mediavais Martín Codax, Xohán de Cangas e Medinho, famosos polas súas cantigas.
A data do día das Letras Galegas coincide coa publicación en 1863, en Vigo, do primeiro exemplar de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, que marcaría o Rexurdimento cultural do galego.
Este ano adícase a XELA ARIAS.
No cole a partir do seu poemario Dario a diario e da súa bibiografía, elaboramos un vídeo recitando os seus poemas e regueifando a súa vida.
RECITA CON XELA.
     

  

 
No blogue de Dinamización da Lingua Galega do cole atoparedes moitos recursos para traballar a figura de Xela Arias.

                     

      Feliz Día das Letras galegas 2021!!!!!!

xoves, 6 de maio de 2021

Sorrisos e poemas

Colocados  xa todos os traballos do Día do libro.

Poemas e sorrisos  adornan o noso cole.

Grazas pola vosa participación!!!!!



           

luns, 3 de maio de 2021

Nova sesión de contacontos.

Esta vez foi coa clase da profe Bea , 6º B de E.I , onde os alumnos e alumnas colaboradores da biblioteca realizaron una nova sesión de contacontos.

1º-Orellas de bolboreta, conto lido e interpretado por Inés L. e Fuco.

 


 

2º- E Un amor de botón, por Amaya e Inés S.

 


 

E a sorpresa foi recíproca!!!!!Mostráronnos este precioso gatiño que estaban a coidar na aula. 



 

mércores, 28 de abril de 2021

Contacontos

Os nenos e nenas  colaboradores da biblioteca realizaron unha sesión de contacontos para a clase de 6º  A de E Infantil .

1ºConto-Como mola tu escoba, lido e interpretado por Fabián e Marina.





2º Conto-O soño do osiño rosa, con Valeria , Paula , Inés, Saray e Gabriel.





Queda inaugurada a  actividade de  contacontos !!!!