BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP LUÍS SEOANE. MAIANCA-OLEIROS.

martes, 24 de novembro de 2020

VIDEOCONTOS COEDUCATIVOS

E aquí están os primeiros videocontos coeducativos, FANTÁSTICO TRABALLO DE NENOS, NENAS E PROFES !

 

El niño que no quería ser azul y la niña que no quería ser rosa 4º infantil A e A familia dos porcos 4ºInfantil B


           

            


Rosa Caramelo 5ºInfantil A e 8 patas  5ºInfantil B.


             

                


Vivan las uñas de colores 6ºInfantil A e La vaca que se subió a un 

árbol 6º infantil B


               

               

 

Nin un biquiño á  forza 1º A EP  

            

               

 

Orellas de bolboreta 2ºA  e Las niñas serán lo que quieran ser 2º B EP 


        

             

 

Una pareja diferente 3ºA  e Las princesas también se tiran pedos 3ºB  EP


            

              

 

 Me llamo Pecas 4ºB EP


                 

  

O segredo de FLora 5º A ¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa? 5ºB EP 

 

             
             

              

 

Artur e Clementina 6ºC EP 


              

 

Grazas pola vosa participación!!!!!!!











sábado, 21 de novembro de 2020

VIDEOCONTOS

O equipo de biblioteca e os nenos e nenas colaboradores de 6ºB queren animar e convidar ás distintas clases do centro a participar na actividade: 

Videocontos coeducativos.Actividade dirixida a conmemorar o Día contra a violencia de xénero. 

Os nenos e nenas de 6ºB , despois de recomendar lecturas coeducativas no vídeo anterior,elaboraron o primeiro videoconto: 

Yo voy conmigo de Raquel Díaz Reguera.

Animádevos e participade!

Grazas pola vosa colaboración.


venres, 20 de novembro de 2020

LECTURAS COEDUCATIVAS

Os nenos e nenas colaboradores da biblioteca co  motivo da conmemoración do 25 de novembro Día mundial contra á  violencia de xénero , realizou este vídeo para recomendarvos lecturas coeducativas e para a igualdade.


mércores, 21 de outubro de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA

 O vindeiro 24 de outubro conmemórase  o Día internacional da biblioteca.Os nenos e nenas de 6ºB ,colaboradores da biblio , diseñaron e elaboraron uns estupendos lectómetros para  conmemorar dito día.

Podedes descargar os distintos modelos. Hainos  en blanco e negro ou en cor, individuais ou colectivos.

Lede moito e que este curso  sexan  moitos , moitos libros os que coloreedes nos lectómetros!

INDIVIDUAIS EN BRANCO E NEGRO:










COLOREADOS                                                                                                                                  





 
COLECTIVOS   Para tamaño A3.                                                                                                                              
                                                   
                                                                  


Grazas a Amaya,  Paula, Inés L, Inés S, Marina , Pía, Rebeca,Fuco, Fabián e Saray.



luns, 8 de xuño de 2020

QUE LLE PASA AO PLANETA?

ORELLA PENDELLA

ORELLA PENDELLA  é un blogue que difunde a literatura popular infantil de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer.
E non só se poden encontrar recursos  senón  que  ademáis  pódese participar  enviando ditos , cancións , recitados etc.
Pincha na imaxe.

                               

XOGOS DE ORTOGRAFÍA

Pincha na imaxe e repasa  a ortografía.





domingo, 17 de maio de 2020

POETAS NO CEIP LUIS SEOANE

Nenos , nenas e profes do Ceip Luís Seoane recitaron  poemas de distintos autores galegos para conmemorar o Día das Letras Galegas.
Pincha nas imaxes.


                                                 

venres, 15 de maio de 2020

RICARDO CARVALHO CALERO

O día das Letras Galegas é unha conmemoración instaurada en 1963 pola Real academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en galego ou pola súa defensa da lingua. Cada ano adícase a unha personalidade diferente , escollida pola RAG, tendo en conta que se esixen ao menos dez anos dende o seu falecemento. Dende a instauración desta conmemoración, soamente en 1998 adicouse conxuntamente a tres autores ,os poetas mediavais Martín Codax, Xohán de Cangas e Medinho, famosos polas súas cantigas.
A data do día das Letras Galegas coincide coa publicación en 1863, en Vigo, do primer exemplar de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, que marcaría o Rexurdimento cultural do galego.
Este ano adícase a  Ricardo Carvalho Calero.
Na seguinte páxina  tedes actividades diversas sobre o autor. Pincha na imaxe.



Tamén os Bolechas  teñen a súa aportación cun  libro adicado a Carvalho Calero .


As pitas baixo a choiva , conto, música e unidade didáctica, traballo da Coordenadora de equipos de Normalización Lingüística de Ferrolterra,Pincha na imaxe.  
                     
                            

luns, 11 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020- Poetas e poetisas- NOVA ACTIVIDADE

Somos poetas e poetisas.
Son moitos os poetas galegos a destacar :  Rosalia, Eduardo  Pondal, Blanco Amor, Curros Enriquez, Ramón Cabanillas, Celso Emilio Ferreiro, Manuel Antonio, Manuel María, Aquilino Iglesia  Alvariño,Antonio García Teijeiro , Helena  Villar  Janeiro…
Coincidindo coa semana das letras galegas  e a gran cantidade de poetas que existen e existiron na nosa Terra, dende a biblioteca propoñémosvos a seguinte actividade:
Hoxe ides ser vós os poetas e poetisas. Escolledes unha poesía en galego, do autor/a que vós queirades  e gravades un audio, no que recitedes a poesía escollida.
Dito audio virá acompañado dun debuxo , en horizontal, representativo da poesía e có nome e curso,título da poesía e nome do autor.

Email: bibliotecasmera19@gmail.com

Aí van os primeiros:
A fala de Manuel María que recita a profe María José.
Aire puro de Celso Emilio Ferreiro , o profe Quique.
Negra sombra  de Rosalía de Castro, a profe Araceli.
Amor esa palabra  de Helena Villar Janeiro , a profe Silvia.
 



 
                                       

                                       
 ÁNIMO  CON ESES POEMAS!!!!!

luns, 4 de maio de 2020

Súper personaxes de cómic - Día do Libro 2020

Aquí tedes ás e aos súper personaxes creados po vós!  Moitas grazas chic@s!



DÍA DO LIBRO-1º DE PRIMARIA

Os nenos e nenas de 1º fixeron moitas actividades para conmemorar o Día Do libro.

mércores, 29 de abril de 2020

CADEA DE CONTOS...Tócache a ti.

O luns as profes Bea e Silvia comezaron  cós seus contos. 
Agora  toca que se animen os nenos  e nenas de EI , familias e algúns profes máis...Comezamos
Pincha na imaxe para ver os vídeos que se van engadindo.


martes, 28 de abril de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTURAS

Os nenos e nenas de 4º de EP  recomendáronnos  moitas lecturas o día do libro.
Pincha nas imaxes para ver os vídeos.

                   
                    

martes, 21 de abril de 2020

Feliz Día do Libro 2020!


Día Internacional del Libro Infantil: actividades para hacer en casa

Este xoves é o Día do Libro.

Deixámosvos esta actividade que de seguro vos encantará! 

Comentade e mandade os debuxos a bibliotecasmera19@gmail.com.

Moito ánimo!!

DESCARGAR

mércores, 15 de abril de 2020

MÁIS CONTIÑOS

              


              


              

A CASA DA MOSCA CHOSCA

A CEBRA CAMILA

MÁIS TÍTULOS

Algunhas editoriais ofrecen diversos libros para descargar ou ler en liña.

               BAÍA EDICIÓNS

                                                      BRUÑO

                                                                            ANAYA                                                     

                                                                            
                                                                                                                      XERAIS

JULIO VERNE

50 libros de Julio Verne para descargar en PDF.


                    




luns, 30 de marzo de 2020

GALICIA LE

"Galicie le é unha plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electronico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso a toda a cidadanía á cultura.
Proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoa lectoras terán espazo ( ficción , informática, historia, ocio,etc) e todas as idades o seu lugar.
En Galicia le o lector atopará dous catálogos: un que contén o Catálogo galego  e outro que aloxa o catálogo en castelán.As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tablets, teléfonos móbiles e ordenadores persoais, no caso dos libros , poderá facelo , ademáis , desde un lector de libro electrónico."

https://www.galiciale.gal/

GLORIA FUERTES POETA PARA NENOS/AS.

Actividade interactiva para coñecer a  Gloria Fuertes poeta para nenos/as.

                    

Un parchís especial para estes días.

Na biblioteca tamén temos un pequeno recuncho de xogos.Á volta engadiremos este parchís especial, mentres tanto podedes xogar na casa.




xoves, 26 de marzo de 2020

ACTIVIDADES PARA A APRENDIZAXE E DESENVOLVEMENTO DE HABILIDADES LINGÜÍSTICAS

 Actividades para o prendizaxe  e desenvolvemento de habilidades lingüísticas.
 Distribuídas por etapa e ciclos.

        

TALLER DE CÓMIC

E para os amates dos cómics este pequeno xogo.
Cando especifica pulsar viñeta corresponde á da parte superior dereita, para poder comezar a xogar.

                   ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2009/playcomic/spanish/index_flash.html

mércores, 25 de marzo de 2020

LIBROS INFANTILES PARA LER DURANTE A CUARENTENA

Son numerosas as editorias ou autores que nos permiten descargar gratis libros para ler neste periodo de cuarenta entre eles estes 5 , 3 de Olga  de Dios e 2 da Editorial Planeta.
Pincha na imaxe e goza deles.