BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP LUÍS SEOANE. MAIANCA-OLEIROS.

mércores, 26 de maio de 2021

DEMETER & PERSEPHONE

The reason for seasons.

Mitoloxía grega para nenos.

Un fabuloso videoconto en inglés elaborado polos nenos e nenas de 6ºB ,  coa axuda da nosa auxiliar de conversa Ciera.

           

CONTACONTOS 6ºA

Os nenos e nenas de 6ºA  realizaron 2 sesións de contacontos á clase de Bea e Silvia, 6º de Educación Infantil.

Contáronlles : Willy ,el perro casi verde, Judy no se rinde, O gato lambón e Pájaro amarillo.

 




                     

 

GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!!!!!!

domingo, 16 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS 2021-RECITA CON XELA

O día das Letras Galegas é unha conmemoración instaurada en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en galego ou pola súa defensa da lingua.Cada ano adícase a unha personalidade diferente , escollida pola RAG, tendo en conta que se esixen ao menos dez anos dende o seu falecemento. Dende a instauración desta conmemoración, soamente en 1998 adicouse conxuntamente a tres autores ,os poetas mediavais Martín Codax, Xohán de Cangas e Medinho, famosos polas súas cantigas.
A data do día das Letras Galegas coincide coa publicación en 1863, en Vigo, do primeiro exemplar de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, que marcaría o Rexurdimento cultural do galego.
Este ano adícase a XELA ARIAS.
No cole a partir do seu poemario Dario a diario e da súa bibiografía, elaboramos un vídeo recitando os seus poemas e regueifando a súa vida.
RECITA CON XELA.
     

  

 
No blogue de Dinamización da Lingua Galega do cole atoparedes moitos recursos para traballar a figura de Xela Arias.

                     

      Feliz Día das Letras galegas 2021!!!!!!

xoves, 6 de maio de 2021

Sorrisos e poemas

Colocados  xa todos os traballos do Día do libro.

Poemas e sorrisos  adornan o noso cole.

Grazas pola vosa participación!!!!!



           

luns, 3 de maio de 2021

Nova sesión de contacontos.

Esta vez foi coa clase da profe Bea , 6º B de E.I , onde os alumnos e alumnas colaboradores da biblioteca realizaron una nova sesión de contacontos.

1º-Orellas de bolboreta, conto lido e interpretado por Inés L. e Fuco.

 


 

2º- E Un amor de botón, por Amaya e Inés S.

 


 

E a sorpresa foi recíproca!!!!!Mostráronnos este precioso gatiño que estaban a coidar na aula.