Neste mes de xuño tivemos unha exposición de libros relacionados co Día Mundial do Medio ambiente.
martes, 21 de xuño de 2022
martes, 5 de abril de 2022
Exposicións mes de abril
Este mes de abril temos na biblio dúas exposicións :
-Unha relacionada co Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo
-E outra para conmemorar o Día internacional do Libro Infantil.

E continuamos co reto lector.
Xa queda menos!!!!! Ánimo!!!!!
"As historias son ás que axudan a remontar o voo cada día"
Richard Van Camp
xoves, 17 de marzo de 2022
8M Día da muller
Este mes na biblio temos unha pequena exposición de libros relacionados co 8M, xunto coa de Mulleres na ciencia que aínda mantemos.
mércores, 23 de febreiro de 2022
23 de febreiro Día de Rosalía
O equipo de biblio elaborou un vídeo novo para conmemorar o Día de Rosalía, consta da recomendación de dous libros e o recitado dalgunhas estrofas.
domingo, 30 de xaneiro de 2022
LECTURAS DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ
O equipo de biblioteca recoméndavos lecturas coa temática da non violencia e da paz.
martes, 27 de abril de 2021
Recoméndanos un libro!
Os nenos e nenas de 5ºB xunto coa súa profe Araceli, envíannos estes 3 estupendos vídeos de recomendacións de lecturas.
Esperamos que vos gusten!
xoves, 11 de marzo de 2021
XOVES: MERCEDES QUERE SER BOMBEIRA
Hoxe recomendamos o libro Mercedes quiere ser bombera ,un bo recurso para traballar a igualdade de xénero e derrubar estereotipos.
Mercedes quere ser bombeira pero os seus compañeiros de clase rinse dela, abrindo un debate que permitirá chegar a conclusión...
Autora Beatriz Moncó e ilustrado por Mabel Piérola
Ediciones Bellaterra
Idade recomendada :A partir de 7 anos
luns, 30 de marzo de 2020
GALICIA LE
Proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoa lectoras terán espazo ( ficción , informática, historia, ocio,etc) e todas as idades o seu lugar.
En Galicia le o lector atopará dous catálogos: un que contén o Catálogo galego e outro que aloxa o catálogo en castelán.As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tablets, teléfonos móbiles e ordenadores persoais, no caso dos libros , poderá facelo , ademáis , desde un lector de libro electrónico."
https://www.galiciale.gal/











