BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP LUÍS SEOANE. MAIANCA-OLEIROS.

martes, 30 de novembro de 2021

Billy y el vestido rosa

Durante toda a semana pasada realizáronse actividades nas aulas e a nivel de centro para conmemorar o 25N.

Dende a biblioteca realizouse unha exposición temática e coa axuda dos nenos e nenas colaboradores da biblio  gravouse un vídeo que inclúe un audio das primeiras páxinas do libro Billy y el vestido rosa.Libro que trata moitos dos prexuizos que aínda persisten na nosa sociedade.

"Unha mañá Billy espertou convertido nunha rapaza .A súa nai púxolle un vestido e mandouno o cole. Billy non saía do seu asombro.Todo cambiara dende que levaba un vestido rosa! Trataranno distinto por ter aspecto de nena?"

venres, 26 de novembro de 2021

Exposicións

Nestes momentos temos 3 exposicións convivindo na biblioteca de E.primaria,unha de novidades e  dúas temáticas: libros terroríficos e monstruosos e  libros relacionados con 25 de novembro, Día contra a violencia de xénero.


 
 
 

 




Seguimos co Reto Lector

Un mes despois de comezar o Reto Lector vemos xa carnets  medio cubertos , nenos e nenas que participan no reto con moito interese. 

Dende o Equipo de biblio estamos moi contento coa

participación .

 Grazas e ánimo!!!!!!


 

martes, 2 de novembro de 2021

INVITACIÓNS DE LEO MOITO

Leo Moito enviou a través dos seus colaboradores invitacións ás aulas para visitar a súa  biblioteca e animar aos nenos e nenas a participar no RETO LECTOR.

Ás aulas de Infantil levaron ademais maletas viaxeiras cheas de libros.


 
                                                 






TEMPO DE MAGOSTOMAÍN

Foron moitas as actividades que se realizaron no cole para conmemorar o Magostomaín. Dende a biblioteca realizouse unha exposición de libros relacionados co Samaín e co Magosto, ademais da ambientación da mesma.




 

RETO LECTOR