BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP LUÍS SEOANE. MAIANCA-OLEIROS.

mércores, 4 de decembro de 2019

NORMAS DA BIBLIO

O alumnado colaborador de 5º e 6º de EP , pasaron polas aulas de 1º e 2º para explicar as normas de funcionamento da biblio e esta  semana faranno en 6º de EI e 3º de EP.



EXPOSICIÓNS

Dende o 25 de novembro temos na biblio as exposicións de  novidades e contra a violencia de xénero, lecturas pola  igualdade.




domingo, 3 de novembro de 2019

MAGOSTOMAÍN

Dende a biblioteca  preséntase unha exposición de libros relacionados co outono, Magosto e Samaín, para todas as idades.
Pasa pola biblio e escolle o teu libro,se necesitas axuda, pídea aos nenos e nenas colaboradores , levan un peto lila e un carnet identificativo.









EQUIPO DA BIBLIOTECA 2019/20

Dende o día 1 de outubro a biblioteca de EP está aberta en horario de 11:30 a 11:55 para préstamo e consulta en sala.
Coma en anos anteriores,  alumnado de 5º e 6º de EP pertencentes ao  equipo de Boas Prácticas colaboran no funcionamento e mantemento da nosa biblioteca.
Dámoslles a benvida  e  agradecemos  a súa colaboración!!!!!


martes, 28 de maio de 2019

PRÓXIMA INAUGURACIÓN: BIBLIOPATIO EN PRIMARIA.

Mañá mércores inaugúrase o bibliopatio  en Primaria.Anímate e ven  visitarnos!





BIBLIOPATIO EN INFANTIL

O pasado 24 de maio inagurouse o Bibliopatio en Infantil. Carriños de lectura para gozar dos libros tamén nos recreos.FOI TODO UN ÉXITO!

                                                 
                                        









mércores, 22 de maio de 2019

EU CONVERSO EN GALEGO

Ao longo do mes de maio  e conmemorando o Día das Letras Galegas, tedes a vosa disposición un Photocall ,  situado na planta baixa do edificio de E.primaria , a carón da porta de entrada do comedor, co lema: Eu converso en galego , e ti?




mércores, 15 de maio de 2019

23 de abril -DÍA DO LIBRO

Co motivo do Día do  libro realizouse  unha exposición temática,  propúxose   facer o momento lector ese día ao aire libre  e  proporcionóuselles ás aulas marcapáxinas para colorear.


ACTIVIDADES MÁIS SECUNDADAS

Tivo lugar no pasado trimestre dúas das actividades que máis gustaron os nenos/as do cole:
O buzón do amor e a amizade   e Apadriñamentos lectores .
BUZÓN DO AMOR E A AMIZADE.
O buzón do amor e a amizade estivo exposto durante parte do mes de febreiro.
Púxose a disposición do todo o centro ,nenos/as, profes e persoal non docente un buzón para celebrar, non un día, senón dúas semanas, as semanas do amor e da amizade, na que puideron  escribir  cartas , notas,  poemas… a outras persoas do cole.
Foi tal o éxito que recibimos máis de 400 cartas e  o alumnado de 5º e 6º colaborador da biblioteca  foron os encargados de repartirlas por todo o cole.



APADRIÑAMENTOS  LECTORES                                                                                                            
Os nenos e nenas de cursos máis altos foron os encargados de ler aos máis pequenos aqueles libros que previamente escolleran.Foi todo un éxito.  
                                                                                    

O equipo TICs elaborou este  vídeo que recolle momentos desta lectura compartida.           


xoves, 18 de abril de 2019

BIBLIOTECA ESCOLAR

A biblioteca escolar é un instrumento fundamental para o desenvolvemento do programa de promoción da lectura  e  o centro de referencia de recursos de lectura, da información e da aprendizaxe.
Dende o equipo da biblioteca desenvolvemos este blogue como un recurso máis que permita a  comunicación co alumnado , profesorado e familias. 
Son moitas as actividades que vimos realizando dende a biblioteca , contando sempre coa  axuda do nenos/as de 5º e 6º integrantes do grupo de  alumnado colaborador da biblioteca, e esperamos que todas esas actividades e as que realizaremos contribúan ao fomento da lectura e achegamento á biblioteca escolar,dando respostas ás necesidades de todo o alumnado.
Sen máis, damos por inaugurado o blogue Leo Moito.