BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP LUÍS SEOANE. MAIANCA-OLEIROS.
Amosando publicacións coa etiqueta RECURSOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta RECURSOS. Amosar todas as publicacións

venres, 5 de xuño de 2026

BEDETECA

BEDETECA  rematada , grazas a gran axuda do alumnado colaborador nas tarefas de ordenar , organizar e catalogar.







Recuncho Erasmus

O noso recuncho Erasmus segue crecendo , libros en alemán , eslovaco, francés , italiano e  portugués.

As últimas novidades:

Au loup de Stephanie Blake.

LOULOU de Gregoire Solotareff

As sementes de céu de Mia Couto

A meniña do mar de Sophia de Mello.



xoves, 5 de marzo de 2026

MOCHILAS TEMÁTICAS PARA FAMILIAS

Desde a biblioteca Leo Moito deseñamos unha nova proposta para as familias do cole: mochilas temáticas para poder desfrutar na casa , nas que atoparedes tanto libros para ler coas vosas fillas e fillos como libros para vós sobre diversas temáticas.

O período de préstamo será de quince días e non poderá ser renovado para favorecer a súa dispoñibilidade e serán entregadas por orde de chegada da solicitude. Cada familia só poderá ter emprestada unha mochila de cada vez.

Estas son as mochilas temáticas que temos preparadas:

Mochila 1; Educación Emocional I

Mochila 2: Educación Emocional II

Mochila 3: Educación Afectivo-sexual 3º ciclo EP

Mochila 4: Eureka! Xogamos coa ciencia.

Mochila 5: Seoane en xogo

Podedes solicitalas a través do seguinte FORMULARIO

Desde a Biblioteca Leo Moito do CEIP Luís Seoane desexámosvos que gocedes do pracer da lectura.








venres, 27 de febreiro de 2026

sábado, 31 de xaneiro de 2026

Recuncho de novidades

No noso recuncho de novidades seguen aparecendo libros novos que lles encantan ao noso alumnado!!!!! 




Contamos coa gran axuda do alumnado coladorador para a catalogación dos libros.



Carriños temáticos

No 3º ciclo de EP tamén comezaron a funcionar os carriños temáticos de ciencias da natureza e ciencias sociais.






Maletas viaxeiras en EI

As maletas viaxeiras xa chegaron ás aulas de Educación Infantil.







mércores, 17 de decembro de 2025

sábado, 25 de outubro de 2025

Novidades

Comezan a chegar as primeiras novidades bibliográficas, moitas xiran en torno ao noso proxecto anual de centro "Xogos".



xoves, 26 de xuño de 2025

Entrega diplomas Reto Lector

 Cada vez son máis os nenos e nenas que acadan o Reto Lector.




Parabéns!!!!!!!!

E agora Bolonia!

As profes participantes no Erasmus +  trouxéronnos 2 libros máis. Que marabilla! Directos de Bolonia grazas ás profes Loli e Noelia.


Grazas!!!!

venres, 30 de maio de 2025

Bibliografía Erasmus +

 As mestras participantes no proxecto Erasmus + contribúen ao  fondo bibliográfico con aportacións dos países visitados, neste caso Portugal.



                    Moitas Grazas!!!!!!!!

sábado, 10 de maio de 2025

Bibliografía Erasmus +

As mestras participantes no proxecto Erasmus + contribúen ao  fondo bibliográfico con aportacións dos países visitados , neste caso Alemaña e Eslovaquia




venres, 28 de marzo de 2025

Xornadas Plambe

A coordinadora da biblioteca  asistiu o 20 de marzo ás Xornadas Plambe onde puido presenciar  charlas moi interesantes e ver o gran traballo que se está a facer nos centros escolares. 




xoves, 24 de outubro de 2024

Novas exposicións

Contamos neste momento con dúas exposicións no centro , unha  anual , relativa ao noso proxecto de centro "Seoarte" e outra temporal sobre o Samaín.







venres, 24 de novembro de 2023

25 N na biblio

Hoxe 24 de novembro inauguramos a actividade "Venres de conto " coa lectura do álbum ilustrado "A boneca de Lucas". Realizouse na hora do recreo , a cargo das colaboradoras da biblio Vega, Chloe, Sofía, Kamila e Azahara.

Ademais temos unha exposición de libros  relacionada coa temática do 25 N .