BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP LUÍS SEOANE. MAIANCA-OLEIROS.
Amosando publicacións coa etiqueta ACTIVIDADES COLE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ACTIVIDADES COLE. Amosar todas as publicacións

martes, 2 de xuño de 2026

Librezzería Leo Moito

Hoxe comezou unha orixinal e divertida actividade na biblioteca: A Librezzería Leo Moito.

Que agocharán dentro esas caixas de librizzas?

Haínas de todo tipo : de fantasía , máxicas, salvaxes, verdes, salgadas....





Apadriñamento lector.

 O fin de curso está próximo , e con el chega a actividade Ola e Adeus , onde os nenos e nenas de 6º de EP apadriñan ao alumnado de 6º de EI, que comezará a súa andaina por Primaria o vindeiro curso.

A primeira actividade foi unha lectura conxunta entre as catro clases e un pequeno período de xogo.





Día da ciencia

O pasado martes, 26 de maio, tivemos no centro  a actividade "Día da ciencia" organizada polo equipo de Polos Creativos  e coma en anos anteriores estivo abertas ás familias para que poideran desfrutar dos traballos dos seus fillos e fillas e de todo o alumnado en xeral.

E como non podía ser doutra forma a biblioteca tamén participou nesta actividade cun proxecto que aunaba á escritora homenaxeada no Día das Letras Galegas e a robótica. 






Nos días posteriores colocouse un mural para que os nenos e nenas poideran expresar a súas opinións sobre a actividade e realizaron un pequeno obradoiro de robótica na bibio.



martes, 19 de maio de 2026

Día das Letras Galegas

Dende a biblioteca presentamos un vídeo resumo dalgunhas das actividades realizadas  para conmemorar o día das Letras Galegas.



9 de maio DÍA DE EUROPA

Para conmemorar  o Día de Europa  o Equipo de biblioteca  e o  Equipo de saudadores realizaron un obradoiro de bandeiras  e de curiosidades sobre Europa. 








venres, 24 de abril de 2026

Au loup!

Seguindo coas actividades para conmemorar O día do libro, este venres tivemos contacontos na biblioteca.O profe Xoán e algúns dos seus alumnos contáronnos "Au loup!", un simpático conto en francés da autora Stéfhanie Blake.



xoves, 23 de abril de 2026

Maratón de lectura

Coma en anos anteriores unha das actividades a realizar a nivel de centro para conmemorar O día do libro é "O Maraton de Lectura". 5 horas de lectura ininterrumpida no escenario do noso patio. Todas os  nenos e nenas do cole participaron nesta actividade e pasáronno moi ben.

                                   




venres, 10 de abril de 2026

Semana da Prensa 2026

Este mes desenvolveuse o proxecto " Muller e xogo" dentro das actividades programadas para conmemorar a Semana da prensa.Os alumnos e alumnas convertéronse en reporteiros e reporteiras  e investigaron sobre a evolución do xogo e o papel das nenas  da nosa contorna nos xogos infantís ao longo do tempo.

Os traballos realizáronse en tamaño A3 e seguindo a estrutura dun xornal.Foron  expostos ás entradas da biblioteca de EP e da sala de lectura de EI.



venres, 27 de febreiro de 2026

Maratón de chistes

 Seguindo co noso tradicional Maratón de chistes, comezamos e rematamos o Entroido cunhas risas entre os nenos e nenas que se animaron a participar e o público asistente .

Grazas a todos , un ano máis !!!!!!!




luns, 22 de decembro de 2025

La gran fiesta del invierno.

Dentro da actividade "Venres de conto" esta vez tocoulle a quenda  a "La gran fiesta del invierno" de Tamara Chubarovsky, narrada estupendamente por Akemi, Icía ,Kinga e  Marta. Parabéns!





sábado, 6 de decembro de 2025

Exposición NADAL

 Reemplazamos a exposición de bibliografía relacionada co 25N  pola de Nadal.


E continuamos co Reto Lector !!!


Cheo total nestas semanas!!!!!!!

Obradoiro de marcapáxinas.

Esta semana realizamos na biblio un obradoiro de marcapáxinas .Tanto os colaboradores da biblio como os alumnos participantes pasárono moi , foi todo un éxito!!!!!!

                                                                           

                     








Visitas a EI

 Os  nenos e nenas de 5º e 6º de EP colaboradores da biblioteca visitan moi a miúdo aos máis pequenos do cole. Para levar a cabo o bibliopatio, para explicar actividades que desenvolvemos na biblio coma o Reto lector ou levar  agasallos e  diplomas aos nenos que lle caeu o seu primeiro dente.








E xuntos pásano Xenial!!!!!