BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP LUÍS SEOANE. MAIANCA-OLEIROS.

venres, 24 de novembro de 2023

Cartas, cartas...

 Seguimos recibindo cartas para Dona Luísa María Pérez de Seoane.

Paciencia coas repostas, a nosa ratiña ten moito traballo!




25 N na biblio

Hoxe 24 de novembro inauguramos a actividade "Venres de conto " coa lectura do álbum ilustrado "A boneca de Lucas". Realizouse na hora do recreo , a cargo das colaboradoras da biblio Vega, Chloe, Sofía, Kamila e Azahara.

Ademais temos unha exposición de libros  relacionada coa temática do 25 N . 






mércores, 22 de novembro de 2023

Proxecto A Ratiña Pérez

 A Ratiña Pérez xubilouse este ano e veu vivir ao bosque do noso cole , preto do seu curmán Leo Moito.E como non podía ser de outra forma segue a traballar , axudando aos nenos e nenas  cos dentes caídos.

Así os alumnos que lles cae un dente , escriben unha carta á Ratiña, deposítanna no buzón, e logo os axudantes colaboradores de Leo Moito son encargados de recollelas, levarllas á Ratiña e traer logo aos nenos  e nenas unha carta e un pequeno agasallo da marabillosa Ratiña Pérez.










Ficha de lectura -1º Ciclo

Entre o material elaborado polo equipo de biblio está unha nova ficha de lectura dirixido ao 1º ciclo. 




NOVIDADES-Temática As Olimpíadas.

Listado de libros novos relacionados co proxecto as Olimpíadas.




mércores, 25 de outubro de 2023

2º día do Reto Lector

Os nenos e nenas do Ceip Luís Seoane apúntanse ao Reto Lector para axudar a Leo Moito.

Conseguirá ser a mascota dos nosos Xogos Olímpicos?



Reto lector: Leo Moito nas Olimpíadas

O proxecto anual de centro deste curso son As Olimpíadas.


E Leo Moito quere ser a mascota dos xogos olípicos  do noso centro e para conseguilo propón o Reto Lector deste curso.

                         
                      Axudádeslle?

Bibliopatio

Neste mes de outubro funciona ademais do préstamo e consulta en sala na hora do recreo ,o bibliopatio , outra forma de gozar da lectura en espazos diferentes aos habituais.



Tempo de Magostomaín!

Comezamos coa exposición temática  do Samaín e a ambientación da biblioteca e da súa entrada coa gran axuda do equipo de colaboradores da biblio.



                              











Xa de volta!!!!!!

Tras un período de expurgo e recolocación dos fondos bibliográficos ,a nosa biblioteca lista para un novo curso.



venres, 7 de xullo de 2023

Grazas equipo colaborador!

Este curso o equipo de colaboradores da biblio estivo formado por 21 alumn@s de 5º e 6º de EP.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!!!!!!!!!!!!



Fin do Reto Lector por aula.

Entregados os diplomas e agasallos ao alumnado que acadou o Reto lector pasamos a entregalos ás aulas participantes, neste caso os máis pequeniños do cole , 4º,5º,6º de EI e 1º de EP.

PARABÉNS!!!!!!!!!


luns, 3 de xullo de 2023

Fin Reto Lector 22/23

Rematado o Reto lector fixemos entrega dos diplomas e uns pequenos agasallos a todos aqueles alumnos que conseguiron acabalo.

PARABÉNS!!!!!!!






Os máis pequeniños participaron a nivel de aula e tamén obtiveron o seu diploma e ao seu agasallo.



Semana da Ciencia

O equipo de Polos creativos do centro organizou a finais do 3º trimestre a Semana da ciencia , con varias actividades a realizar por todos os niveis , entre elas unha exposición dos traballos realizados ao longo do curso .

A biblioteca participou cun vídeo recopilatorio das actividades realizadas durante todo o ano ,onde os nenos contaban cal foi a súa preferida, a que lles gustou máis.

Despois do visionado os nenos/as  colaboradores da biblioteca gravaron aos seus compañeiros dando tamén a súa opinión.

Grazas pola vosa participación!



Entrevista a Luz Corral

Dentro do Proxecto Donas de si, os nen@s colaboradores da biblio entrevistaron á Coordinadora da Rede de bibliotecas de Oleiros.

Contounos sobre o seu traballo, sobre os libros que lle gustaban, recomendounos lecturas ...Foi moi interesante !!!!!!!

Moitas grazas Luz!!!!!!



sábado, 3 de xuño de 2023

Exposición A volta ao mundo en 80 Días

Seguimos tendo na  Biblio a exposición temática A volta ao mundo en 80 días , coincidindo co  proxecto de centro deste curso.



Vén polas gafas de Paco

Con motivo do día das Letras Galegas realizamos o obradoiro "Vén polas gafas de Paco", onde os nenos e nenas elaboraron unhas gafas en cartolina.




Ademais tivemos unha exposición de libros relacionados co Día das Letras Galegas.
                                                               

Actividades que nos permitiros achegar aos nenos e nenas ao autor homenaxeado Francisco Fernández del Riego.


Visita dos nenos e nenas de 5ºEI

Visitáronnos os nenos e nenas de 5 anos para contarnos un conto.

Moitas grazas!!!!! Encantounos!!!!




mércores, 10 de maio de 2023

Cita a cegas

E rematamos a semana do libro coa actividade "Cita a cegas".
E que libro lles tocaría ?
Esperamos que lles  encantara!!!!!!!!!




martes, 2 de maio de 2023

Maratón de lectura

E para conmemorar a semana do libro  entre outras actividades realizouse o 1º Maratón de lectura do Ceip Luís Seoane , case 5 horas de lectura ininterrompida no centro, grazas á participación de todas as clases.





Exposicións mes de abril

No mes de abril contamos con exposición de novidades  e exposición temática sobre O Autismo e Diversidade.Ditas exposicións estiveron todo o mes e foise renovando os libros expostos.



LEO MOITO

Leo Moito reaparece cunha imaxe renovada e disposto a traernos unha gran sorpresa para o último mes.

Que ou quen será?



At the acquarius

O  21 de abril na actividade Venres de conto:"At the acquarius" , contacontos en inglés grazas á profe Natalia que contou coa colaboración do equipo de biblio.




Una galliña en la azotea

Outro venres de conto máis,  e na hora de lectura o  Equipo de Colaboradores da Biblio visitou aos nenos e as nenas de 5º de EI para narrarlles o conto Una galliña en la azotea.

Encántanos este público tan agradecido!!!!!!!!!





                 



Venres ,13 de abril de 2023

sábado, 8 de abril de 2023

Día Mundial da Poesía

O 21 de marzo conmemoramos o Día Mundial da Poesía cunha actividade de  recitado  de poemas, entre eles algúns de Rosalía,Manuel María, Gloria Fuertes ...


 

Bibliopatio en Infantil

 No patio de infantil estrearon un novo carriño !!!!!!!!

          

Que logo encheuse de  libros!!!!!


 

Os máis pequenos do cole pásano moi ben no Bibliopatio!!!!!