BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP LUÍS SEOANE. MAIANCA-OLEIROS.

luns, 30 de marzo de 2020

GALICIA LE

"Galicie le é unha plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electronico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso a toda a cidadanía á cultura.
Proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoa lectoras terán espazo ( ficción , informática, historia, ocio,etc) e todas as idades o seu lugar.
En Galicia le o lector atopará dous catálogos: un que contén o Catálogo galego  e outro que aloxa o catálogo en castelán.As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tablets, teléfonos móbiles e ordenadores persoais, no caso dos libros , poderá facelo , ademáis , desde un lector de libro electrónico."

https://www.galiciale.gal/

GLORIA FUERTES POETA PARA NENOS/AS.

Actividade interactiva para coñecer a  Gloria Fuertes poeta para nenos/as.

                    

Un parchís especial para estes días.

Na biblioteca tamén temos un pequeno recuncho de xogos.Á volta engadiremos este parchís especial, mentres tanto podedes xogar na casa.




xoves, 26 de marzo de 2020

ACTIVIDADES PARA A APRENDIZAXE E DESENVOLVEMENTO DE HABILIDADES LINGÜÍSTICAS

 Actividades para o prendizaxe  e desenvolvemento de habilidades lingüísticas.
 Distribuídas por etapa e ciclos.

        

TALLER DE CÓMIC

E para os amates dos cómics este pequeno xogo.
Cando especifica pulsar viñeta corresponde á da parte superior dereita, para poder comezar a xogar.

                   ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2009/playcomic/spanish/index_flash.html

mércores, 25 de marzo de 2020

LIBROS INFANTILES PARA LER DURANTE A CUARENTENA

Son numerosas as editorias ou autores que nos permiten descargar gratis libros para ler neste periodo de cuarenta entre eles estes 5 , 3 de Olga  de Dios e 2 da Editorial Planeta.
Pincha na imaxe e goza deles.


                               
                                      


                                                                                 
   








         









                     

EL MONSTRUO DE COLORES Y EL CORONAVIRUS

O conto de Anna Llenas , El monstruo de colores, permítenos explicarlles aos nenos e nenas as emocións que lles está provocando esta situación que están a vivir e anímaos e expresar os seus sentimentos e recoñecelos. 

EXPOSICIÓN 8 DE MARZO

Coincidindo co Día Internacional da Muller , na biblio de primaria, seleccionáronse  libros relacionados co dita  conmemoración e realizouse unha pequena exposición.



xoves, 5 de marzo de 2020

PRÓXIMAS NOVIDADES.

Estamos preparando  moitas novidades en libros, divulgación , literatura , en inglés , de valores...



Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes.

Os axudantes da biblio estannos recomendando libros  cada semana, nesta ocasión Lucía de 6ºB , escolleu  Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes de Elena Favilli , editorial Destino.

BUZÓN DO AMOR E A AMIZADE.

Quedan poucos días xa para finalizar  a actividade do Buzón do amor e a amizade.Coma en anos anteriores esta actividade ten moito  éxito entre o alumnado. Nela  calquera membro da comunidade educativa pode escribir unha mensaxe, poema, carta , nota...  a outra persoa do cole.
Os  nenos e nenas de 5º e 6º, axudantes  da biblioteca ,serán os encargados de facer chegar as mensaxes aos seus destinatarios.
O buzón atópase na  entrada de biblio de E. Primaria.
Aínda estás a tempo de mandar a túa mensaxe!
Participa!


MÁIS RECOMENDACIÓNS!

Os nenos e nenas  de infantil seguen a recomendarnos contos!!!!!!
Moitas grazas pola vosa colaboración !!!!!!