BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP LUÍS SEOANE. MAIANCA-OLEIROS.

xoves, 25 de abril de 2024

Fichas lectura 2º ciclo

Novas fichas de lectura dirixidas ao 2º ciclo!!!




Animación á lectura con Óscar Villán

Dentro das actividades de animación á lectura ofertadas polo Concello de Oleiros , hoxe o alumnado de 5º e 6º curso de EP asistiu a unha charla sobre ilustración a cargo do ilustrador Óscar Villán (  O coelliño branco, A cebra Camila, As peripecias de Extravaganzza Pérez...), quen despois da actividade asinounos, con debuxos incluídos, exemplares da nosa biblioteca. Grazas!!!!!!





Descubrimos tamén un novo álbum ilustrado que axiña  formará parte na nosa biblio .



martes, 23 de abril de 2024

Feliz Día do libro!

Dende E.Infantil felicitan e conmemoran o Día do libro con esta  fantástica actividade.



Maratón de lectura

Comezamos a Semana do libro coa realización da actividade Maratón de lectura, onde todas as clases, seguindo un horario, baixaron ao escenario ao longo da mañá para  ler un anaquiño e manter a lectura no cole de forma ininterrumpida de 9:00 a 14:00.





venres, 19 de abril de 2024

2 de abril Día Mundial de concienciación sobre o autismo

Neste 2 de abril , Día Mundial de concienciación sobre o autismo , leváronse a cabo  actividades a nivel de centro e de aula,e dende a biblioteca  realizouse  tamén unha exposición sobre diversidade. 



Bibliopatio

O  tempo acompaña e os máis pequenos do cole  desfrutan do bibliopatio.




venres, 12 de abril de 2024

Vivan as vacacións !

Unha das poesías recitadas o Día Internacional da poesía  foi "Vivan as vacacións!" elaborada e recitada por Camila, Carmen D, Gala, Kinga, Lía e Martina. 

luns, 1 de abril de 2024

Marzo chuvioso

Tanta chuvia impediu abrir a biblio moitos venres , pero a pesar de todo conseguimos realizar as sesións de contacontos para E.primaria e E.Infantil : Todos menos uno e Orellas de bolboreta.





luns, 25 de marzo de 2024

Maletas viaxeiras entregadas.

O equipo de biblio de EI repartiu polas aulas as maletas viaxeiras.





21 de marzo -Día Internacional da Poesía.

Para conmemorar o Día Internacional da Poesía realizamos unha actividade de Recitado  no recreo , tanto de autores recoñecidos como de creación propia , e temos verdadeiros poetas agochados no noso cole.

Parabéns!!!!!!




Novos espazos

Neste proceso de crear un novo modelo de biblioteca escolar están xudindo novos espazos no centro que permita achegar a biblioteca  a toda comunidade educativa.











Maletas viaxeiras preparadas.

Xa están as maletas viaxeiras de EI preparadas para comezar a súa andaina polas aulas.





Semana da prensa 2024 -Mulleres deportistas olímpicas

Para conmemorar a semana da prensa realizamos a actividade Mulleres deportistas olímpicas , aunando coma en anos anteriores o noso proxecto de centro As Olimpíadas, o 8M e a prensa.Cada curso elaborou un traballo que incluíse as temáticas anteriores.

EI-Deportistas da nosa contorna ( olímpicas ou non) e o recorrido do facho olímpico.

1º Ciclo-Entrevistas.

2º Ciclo- Noticias.

3ºCiclo -Artigos de investigación.

Con todos traballos realizamos á entrada da biblio unha exposición.