BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP LUÍS SEOANE. MAIANCA-OLEIROS.

venres, 26 de xaneiro de 2024

Visita dos nen@s de EI

O mércores 24 visitáronnos  o resto das clases de EI que faltaban por ver o contacontos da Ratiña Pérez , clases de 3 anos B, 4 anos B e 5 anos B.

Esperamos que vos gustase o conto.




venres, 19 de xaneiro de 2024

Bibliopatio en Infantil

Marabilloso ver os máis pequeniños do cole  desfrutar do bibliopatio!!!!!!!



 

Nova exposición

Nova exposición coa temática do Día da non violencia e da paz.




 

La gran aventura de Nara e O conto da Ratiña Pérez

Venres de conto : 

O día 12 de decembro o profe Jacobo narrounos o conto: A gran aventura de Nara.  



E hoxe tivemos sesión dobre , Olivia , Yolanda e Nuria narraron o conto da Ratiña Pérez no recreo para Educación primaria e Lía, Mencía e Eva , na hora de ler a tres clases de Educación infantil.






Grazas a todos!!!!!!


martes, 2 de xaneiro de 2024

Un decembro cheo de traballo!

Como xa sabedes a Ratiña Pérez xubilouse no noso cole pero segue a traballar recollendo os dentes caídos do noso alumnado e este mes de decembro foi moi laborioso para ela.







Leo Moito nas Olimpíadas

Xa temos oa noso Leo Moito preparado para  as Olimpíadas no Luis Seoane.



CONTACONTOS

O venres 15 de decembro tivemos o contacontos "La mejor sopa del mundo" e o  xoves 21 " El niño que no quería ser azul y la niña que no quería ser rosa "  narrados por Noemí e Carmen respectivamente, ambas futuras profes que remataron xa  as súas prácticas no noso cole. 

Grazas e moita sorte!!!!!




O día 21 tamén acondicionamos a nosa biblio para a visita do Paxe real.