BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP LUÍS SEOANE. MAIANCA-OLEIROS.

venres, 24 de febreiro de 2023

UN ENTROIDO DE RISAS

Nada mellor que unhas risas para comezar o Entroido, e así comezamos o día 10 cun Maratón de chistes na biblio, actividade que rematamos hoxe e que dá por finalizado o Entroido este curso no cole.

A actividade tivo moi boa acollida entre o alumnado, grazas aos participantes e aos nenos e nenas que asistiron de público.




xoves, 9 de febreiro de 2023

MALETAS VIAXEIRAS

Se hai algo que lles encanta ao alumnado colaborador da biblio é visitar aos nenos e nenas de EI.

Esta vez leváronlle maletas viaxeiras cheas de libros moi moi chulos!!!!!!









MÁIS VENRES DE CONTO

Ampliamos a actividade Venres de conto tamén ao profesorado  e a profe Bea contounos El día que empezó la guerra e a profe Lara El árbol de la amistad, contos cos que puidemos traballar o Día da Paz.

Sen esquecer El lápiz mágico de Malala narrado por alumnas de 6º, colaboradoras da biblio,Jana , Sabela e  Lucía.

Grazas a todas elas.