BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP LUÍS SEOANE. MAIANCA-OLEIROS.

mércores, 11 de novembro de 2026

2ª Sesión do club de lectura: A mares de lectores.

Nesta 2º sesión presentamos o libro a ler " A filla do ladrón de bicicletas " de Teresa González Costa .


E coma en anos anteriores realizaron chapas identificativas co nome do club.

















martes, 10 de novembro de 2026

Mochilas Viaxeiras

A día de hoxe todos os niveis de EI puxeron xa en marcha as mochilas viaxeiras.Mochilas que viaxan cada semana  cun nen@ da cada clase máis a compañía da nosa mascota Leo Moito.


domingo, 8 de novembro de 2026

Reto Lector 2026/27

Un curso máis comezamos o Reto lector , actividade que cada ano ten máis afluencia de nenos e nenas .

Nos días previos acondicionamos a biblioteca e os nenos e nenas colaboradores da biblioteca pasaron polas aulas para informar e explicar as normas do reto. Os niveis de EI e 1º de Ep participarán a nivel de aula.









 Se aínda non empezaches , pasa pola bilioteca para coller o teu carné e o teu primeiro libro , os nenos e  nenas colaboradores  axudaranche no que necesites. Recoñeceralos polo peto morado e polo seu carné identificativo.


martes, 3 de novembro de 2026

Club de lectura " A mares de lectores"

 O xoves 22 de outubro comezamos a nosa andaina nesta 3ª edición do club de lectura Leo con Leo.

Realizamos actividades de benvida e de presentación , entregouse o calendario das reunións, explicouse a dinámica das sesións e escolleron nome para esta nova  edición do club,"A mares de lectores", en alusión ao noso proxecto de centro Amar a mares .

E para responder á pregunta " Se foses un personaxe de ficción , cal serías ?" os nen@s gravaron uns estupendos vídeos , resumidos  no seguinte:



mércores, 21 de outubro de 2026

Mochilas viaxeiras.

Están xa en camiño as Mochilas viaxeiras que acompañarán aos nenos e nenas  ás súas casas , cheas de libros , de historias  e coa nosa mascota Leo Moito.

Esperamos que as desfruten moito!








Reapertura- 26 de outubro

Estas dúas semanas o Equipo de biblioteca traballou intensamente para ter todo preparado para a reapertura o vindeiro 26 de outubro .

Por un lado realización de exposicións  temáticas sobre o noso proxecto de centro "Amar a mares" ,o  Magostomaín e reorganización da biblio e por outro,  formación dos membros do equipo colaborador a cargo da coordinadora da biblioteca.













Noraboa polo traballo feito!!!

Mil grazas!!!!!


venres, 25 de setembro de 2026

Club de lectura LEO CON LEO

 Dende o Equipo de biblioteca queremos informarvos da  realización  da actividade Club de lectura "Leo con Leo", que coma en anos anteriores terá lugar  de outubro a maio , dous xoves ao mes,en horario de 16:00 a 17:00 h ,impartido polas mestras MªJosé e Loli .

Esta actividade é totalmente gratuita , os libros  e material son prestados pola biblioteca do centro .

Ademais de lectura e faladoiros en torno aos libros , realízanse moitas máis actividades coma teatro, obradoiros,  radio escolar , visitas relacionadas coa temática dos libros, ioga etc.

O periodo de inscripción será dende o 24 de setembro  ao 8 de outubro na biblioteca do centro, onde proporcionaremos o impreso de inscripción e autorización das familias para participar nesta actividade.

Grazas pola vosa colaboración .