BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP LUÍS SEOANE. MAIANCA-OLEIROS.

sábado, 6 de decembro de 2025

Exposición NADAL

 Reemplazamos a exposición de bibliografía relacionada co 25N  pola de Nadal.


E continuamos co Reto Lector !!!


Cheo total nestas semanas!!!!!!!

Obradoiro de marcapáxinas.

Esta semana realizamos na biblio un obradoiro de marcapáxinas .Tanto os colaboradores da biblio como os alumnos participantes pasárono moi , foi todo un éxito!!!!!!

                                                                           

                     








Visitas a EI

 Os  nenos e nenas de 5º e 6º de EP colaboradores da biblioteca visitan moi a miúdo aos máis pequenos do cole. Para levar a cabo o bibliopatio, para explicar actividades que desenvolvemos na biblio coma o Reto lector ou levar  agasallos e  diplomas aos nenos que lle caeu o seu primeiro dente.








E xuntos pásano Xenial!!!!!

luns, 1 de decembro de 2025

Ponte mis gafas

Os nenos e nenas de 6ºA de EI coa súa profe Silvia traballaron o libro "Ponte mis gafas" e elaboraron coa colaboración das familias estas estupendas gafas. 




25N

Foron moitas as actividades que se realizaron na semana do 25 N  a nivel de centro e a nivel de aula. Pola súa parte a biblioteca comezou as súas sesións de contacontos  co libro Daniela Pirata e a marabillosa lectura e representación que realizaron os nenos e nenas de 2º B xunto co seu profe Jacobo, tanto para primaria como para Infantil.
Parabéns polo magnífico traballo!



venres, 21 de novembro de 2025

Xogadores de libros

Na segunda sesión do club de lectura Leo con Leo, Xogadores de libros , realizamos chapas identificativas.




Club de lectura - Leo con Leo

O de 6 novembro comezamos a II edición do club de lectura , Leo con Leo.

Este curso os nenos e nenas puxéronlle de nome "Xogadores de libros ", seguindo a temática do proxecto anual do centro "Xogos".

Nesta primeira sesión ademais da presentación do club , organización e temporalización , realizamos un xogo de presentación que rematou con estas estupendas fotos tomadas polos propios nenos.