BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP LUÍS SEOANE. MAIANCA-OLEIROS.

mércores, 29 de xaneiro de 2020

OBRADOIRO : SEOANIÑOS E SEOANIÑAS POLA PAZ.

Dende a biblioteca e en horario do recreo , lévase a cabo o obradoiro :Seoaniños e seoaniñas pola paz, nesta última semana de xaneiro adicada a conmemorar o día da Paz.
Neste obradoiro elabóranse pombas ao estilo de Luís Seoane.






RECOMÉNDANOS UN CONTO

Comezamos unha nova actividade: Recoméndanos un conto.
As primeiras en comezar foron as profes de Infantil que aproveitando un proxecto de animación á lectura levado a cabo en 6º de EI, recomendáronnos o conto La casa de los ratones de Karina Schaapman.









Proximamente os colaboradores de 5º e 6º de primaria recomendaranvos novos libros.

mércores, 8 de xaneiro de 2020

O NADAL NA BIBLIO DE INFANTIL

Estupenda a entrada da biblioteca de infantil.


TEMPO DE NADAL

Os nenos e nenas de 5º e 6º colaboraron na decoración , ambientación  da biblioteca  e na selección de libros para a exposición de Nadal-inverno.