BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP LUÍS SEOANE. MAIANCA-OLEIROS.

mércores, 18 de decembro de 2024

Actuación do coro

Onte, martes 17 , o coro do cole inagurou as súas actuacións coa realizada na biblio na hora do recreo.

Parabéns nenos e nenas de 5º e 6º de Ep e profe Lara!

Moitas grazas.



Tempo de Nadal

E para celebrar o Nadal na biblio tivemos estes días  Sesión de baile , cunha estupenda coreografía interpretada polos colaboradores da biblio.




Seoaniñas lectoras

O 12 de decembro tivemos nova sesión do club de lectura Leo con Leo: Seoaniñas lectoras.

Fixeron chapas , crearon lemas de animación á lectura que comezaron a gravar  na radio escolar e presentamos o libro a ler.

Unha estupenda sesión de animación á lectura e de convivencia de nenos e nenas de 5º e 6º de EP.











Contacontos na biblio

Coincidindo co 25 N comezaron os contacontos na biblio , 2 sesións para EP na hora do recreo  e outras dúas para EI na hora de lectura.

Las princesas también se tiran pedos e  Once damas atrevidas foron os contos elixidos para comezar.








xoves, 21 de novembro de 2024

Leo con Leo : SEOANIÑAS LECTORAS

Xa deu comezo o club de lectura Leo con Leo , este primeiro grupo xa escolleu o seu nome : Seoaniñas lectoras. Todos moi  ilusionados !!!!!!!!

1º libro a ler : Tres segundos na zona ,Xabier López , Santillana.



Volve a Ratiña Pérez

A Ratiña Pérez xa está de volta , grazas aos seus axudantes enviou ás clases de 6º de EI e 1º , 2º e 3º de EP un panel para que os nenos  e nenas que lles caia un dente anótense  nel. No mes de decembro pasarán de novo polas aulas para explicar o seguinte paso...Cal será? Que sorpresa terán?




Normas da biblio

Informouse polas aulas das normas de funcionamento da biblioteca .Os  colaboradores da biblio fixeron máis doado esta tarefa.







mércores, 6 de novembro de 2024

Leo con Leo

Presentamos unha nova actividade : O club de lectura 
Leo con Leo, dirixido ao alumnado de 5º e 6º de EP.    

Se aínda non te apuntaches  e queres participar, non o penses máis,  pasa pola biblio  e apúntate ,  esperámoste , últimos días!!!!!!

xoves, 24 de outubro de 2024

24 de outubro -Día Internacional da Biblioteca

Coincidindo co Día Internacional da Biblioteca , tivo lugar a apertura da nosa biblio , que está a sufrir grandes cambios nestes últimos meses. Comezou hoxe tamén o Reto Lector . 

Cheo total!!!!Grazas a todos !!!!!!!



Reto Lector 24-25- Grandes Artistas

 


Todo preparado!!!!!!

Rematado o periodo de formación os nosos colaboradores da biblio, traballaron   contra  o reloxo para conseguir ter todo preparado para  a apertura da biblio o 24 de outubro, coincidindo co Día Internacional da Biblioteca.

Realizaron murais , pasaron polas aulas para informar da apertura da biblio  e do comezo da actividade do Reto lector, prepararon os carneis artísticos , acondicionaron a biblioteca...











Novas exposicións

Contamos neste momento con dúas exposicións no centro , unha  anual , relativa ao noso proxecto de centro "Seoarte" e outra temporal sobre o Samaín.







martes, 15 de outubro de 2024

Novidades

Comezan a chegar as primeiras novidades ao cole.





Xa estamos de volta!!!!!!!!

O venres 4 tivemos a primeira reunión cos colaboradores da biblio que recibirán nas seguintes dúas semanas un pequeno período de formación.

Veñen con moitísma enerxía e ilusión.

                  BENVID@s

Tras o período de formación e os últimos arranxos na biblio, abriremos o día 24 de outubro coincidindo co Día Internacional da Biblioteca.



luns, 1 de xullo de 2024

Equipo Colaborador da bliblioteca

Rematado o curso,  quédanos tan só agradecer o estupendo traballo levado a cabo polo equipo colaborador da biblioteca formado por nenos e nenas de 5º e 6º de Ep.

Moitas Grazaaaaaaas !!!!!!!


Lecturas recomendadas 6º de Ep

 


Reto Lector en EP

Acabado o Reto Lector entregáronse os diplomas e agasallos aos nenos e nenas que  o conseguiron.

Parabéns a todos !!!!!!!!



Reto Lector en EI

Rematado o Reto Lector tivo lugar a entrega de diplomas e agasallos aos gañadores.

Parabéns ás clases de 4ºA, 4ºB, 5ºA, 5ºB, 6ºA, 6º B de EI que participaron a nivel de aula e acadaron o reto!!!!!!