BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP LUÍS SEOANE. MAIANCA-OLEIROS.

mércores, 18 de decembro de 2024

Actuación do coro

Onte, martes 17 , o coro do cole inagurou as súas actuacións coa realizada na biblio na hora do recreo.

Parabéns nenos e nenas de 5º e 6º de Ep e profe Lara!

Moitas grazas.



Tempo de Nadal

E para celebrar o Nadal na biblio tivemos estes días  Sesión de baile , cunha estupenda coreografía interpretada polos colaboradores da biblio.




Seoaniñas lectoras

O 12 de decembro tivemos nova sesión do club de lectura Leo con Leo: Seoaniñas lectoras.

Fixeron chapas , crearon lemas de animación á lectura que comezaron a gravar  na radio escolar e presentamos o libro a ler.

Unha estupenda sesión de animación á lectura e de convivencia de nenos e nenas de 5º e 6º de EP.











Contacontos na biblio

Coincidindo co 25 N comezaron os contacontos na biblio , 2 sesións para EP na hora do recreo  e outras dúas para EI na hora de lectura.

Las princesas también se tiran pedos e  Once damas atrevidas foron os contos elixidos para comezar.