BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP LUÍS SEOANE. MAIANCA-OLEIROS.

luns, 22 de decembro de 2025

mércores, 17 de decembro de 2025

Volverás golfiño

Este xoves 11 de decembro presentamos no Club de lectura "Xogadores de libros"  a primeira  novela a ler , Volverás golfiño de Andrea Maceiras,  e entregamos información relacionada co libro sobre A Costa da Morte, os afundimentos ,Cabo Vilán, a Praia do Trece... 

Rematamos a sesión cun pequeno xogo de pistas .



Novidades

 Novidades na biblio que están sendo un éxito!!!!! 




sábado, 6 de decembro de 2025

Exposición NADAL

 Reemplazamos a exposición de bibliografía relacionada co 25N  pola de Nadal.


E continuamos co Reto Lector !!!


Cheo total nestas semanas!!!!!!!

Obradoiro de marcapáxinas.

Esta semana realizamos na biblio un obradoiro de marcapáxinas .Tanto os colaboradores da biblio como os alumnos participantes pasárono moi , foi todo un éxito!!!!!!

                                                                           

                     








Visitas a EI

 Os  nenos e nenas de 5º e 6º de EP colaboradores da biblioteca visitan moi a miúdo aos máis pequenos do cole. Para levar a cabo o bibliopatio, para explicar actividades que desenvolvemos na biblio coma o Reto lector ou levar  agasallos e  diplomas aos nenos que lle caeu o seu primeiro dente.








E xuntos pásano Xenial!!!!!

luns, 1 de decembro de 2025

Ponte mis gafas

Os nenos e nenas de 6ºA de EI coa súa profe Silvia traballaron o libro "Ponte mis gafas" e elaboraron coa colaboración das familias estas estupendas gafas. 




25N

Foron moitas as actividades que se realizaron na semana do 25 N  a nivel de centro e a nivel de aula. Pola súa parte a biblioteca comezou as súas sesións de contacontos  co libro Daniela Pirata e a marabillosa lectura e representación que realizaron os nenos e nenas de 2º B xunto co seu profe Jacobo, tanto para primaria como para Infantil.
Parabéns polo magnífico traballo!



venres, 21 de novembro de 2025

Xogadores de libros

Na segunda sesión do club de lectura Leo con Leo, Xogadores de libros , realizamos chapas identificativas.




Club de lectura - Leo con Leo

O de 6 novembro comezamos a II edición do club de lectura , Leo con Leo.

Este curso os nenos e nenas puxéronlle de nome "Xogadores de libros ", seguindo a temática do proxecto anual do centro "Xogos".

Nesta primeira sesión ademais da presentación do club , organización e temporalización , realizamos un xogo de presentación que rematou con estas estupendas fotos tomadas polos propios nenos.                                                                                



sábado, 25 de outubro de 2025

Novidades

Comezan a chegar as primeiras novidades bibliográficas, moitas xiran en torno ao noso proxecto anual de centro "Xogos".



1º Día do Reto Lector.

Comezamos xa o Reto Lector e a biblioteca estivo chea de nenos e nenas que viñeron polo carné e polo seu primeiro libro, dos nove a ler.


xoves, 23 de outubro de 2025

Normas Reto Lector


 

Reto Lector

 Os nenos e nenas colaboradores da biblioteca pasaron polas aulas para explicar o Reto Lector que comezará mañá venres , coincidindo co Día Internacional das bibliotecas.






Bibliopatio Infantil

O alumnado colaborador da biblioteca adica 1 sesión semanal a dinamizar o bibliopatio en Educación Infantil.









Exitazo !!!!!!!!!!

venres, 19 de setembro de 2025

LEO MOITO

Continuose este verán co acondicionamento da entrada da nosa biblioteca  e quedou así de bonita.