BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP LUÍS SEOANE. MAIANCA-OLEIROS.

venres, 30 de maio de 2025

Club de lectura: Charla con Silvia Penide

 O 22 de maio dentro das actividades do Club de lectura "Seoaniñas Lectoras" tivemos a visita de Silvia Penide, cantautora e escritora, entre outros de  Diferentes diferenzas e Onde está Otti?

Falounos da súa experiencia como escritora pero tamén puidemos desfrutar da súa música e ata compuxo cos nenos unha simpática canción.






Moitas Grazas Silvia !!!!!!

Bibliografía Erasmus +

 As mestras participantes no proxecto Erasmus + contribúen ao  fondo bibliográfico con aportacións dos países visitados, neste caso Portugal.



                    Moitas Grazas!!!!!!!!

mércores, 14 de maio de 2025

Charla: Un día nunha clínica veterinaria.

Dentro do club de lectura Seoaniñas lectoras  , despois da lectura do libro "Poemas bestas e outros bechos" tivemos a visita da veterinaria Sara que nos falou do seu traballo , dos distintos coidados as nosas mascotas ,da responsabilidade que implica,  e moito máis ... Sesión moi amena e entretida!!!!!








Mil grazas Sara !!!!!!!!!

Entrevista a Melania Cruz

O alumnado de 5º B entrevistou a actriz Melania Cruz , coñecida polo seu extenso traballo tanto en cine coma en televisión e teatro , gañadora no 2022 do premio da Cultura Galega das artes escénicas.




Para ler a entrevista usar a opción abrir imaxe nunha pestana nova.

Mil grazas Melania!!!!!!!

luns, 12 de maio de 2025

Poesías surrealistas

Despois de ler o libro Poemas bestas e outros bechos o club de lectura Seoaniñas Lectoras elaborou unhas poesías surrealistas a partir da escolla individual de versos dos compoñentes do club.

domingo, 11 de maio de 2025

Entrevista a Sabela Hermida

O alumnado de 5º A fixo unha entrevista  a Sabela Hermida , que ademais de actriz, bailarina e licenciada en filosofía, ten  realizado un longo traballo sobre a figura de María Casares.

Mil Grazas Sabela !!!!!

Para ler a entrevista usar a opción abrir imaxe nunha pestana nova.

sábado, 10 de maio de 2025

Bibliografía Erasmus +

As mestras participantes no proxecto Erasmus + contribúen ao  fondo bibliográfico con aportacións dos países visitados , neste caso Alemaña e Eslovaquia




Préstamo informatizado

Rematada a catalogación dos libros da biblioteca co programa Meiga comezouse o préstamo informatizado.