Cada vez son máis os nenos e nenas que acadan o Reto Lector.
xoves, 26 de xuño de 2025
Equipo de Biblioteca.
Tamén este mes de xuño foi tempo de celebración , tivemos festa en Boas Prácticas para agradecer ao alumnado a súa colaboración e o seu bo facer.
E o 20 de xuño xunto coa festa de graduación do alumnado de sexto tivemos a entrega de petos, para tal ocasión o Equipo de Biblioteca compuxo a súa propia canción.
E agora Bolonia!
As profes participantes no Erasmus + trouxéronnos 2 libros máis.Que marabilla! Directos de Bolonia grazas as profes Loli e Noelia.
Grazas!!!!
Última sesión do club de lectura.
Rematamos o curso e rematamos tamén o noso primeiro club de lectura .
Nesta última sesión realizamos unha avaliación para saber as valoracións dos nen@s e fíxose entrega de diplomas e un pequeno agasallo pola súa participación,todo animado con música e palomitas.
Grazas a todos os que fixéchedes posible este club de lectura , nenos e nenas de 5º e 6º de Ep ,profesorado , familias , biblioteca María José Trincado , a escritora Silvia penide... Mil grazas!
mércores, 4 de xuño de 2025
Día da ciencia .
O equipo de biblioteca participou no Día da ciencia cun stand de libros científicos e realizou a enquisa : " Cal é o teu libro preferido?" tanto para o alumnado, profesorado e familias visitantes .
Novo mobiliario para a Sala de lectura
Buscando unha forma máis sinxela de organización de cara a favorecer o uso autónomo da sala de lectura dos máis pequenos, as mestras de EI idearon unha nova estrutura do espazo o que implica a reorganización e a adquisición de novo mobiliario.