BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP LUÍS SEOANE. MAIANCA-OLEIROS.

sábado, 29 de marzo de 2025

Club de lectura: Visita á biblioteca María José Trincado

Dentro das actividades do club de lectura o xoves 27 de marzo realizamos unha visita guiada á biblioteca María José Trincado de Mera , onde Rosalía  explicounos a distribución da biblioteca, as distintas seccións , a forma de préstamo, os libros máis prestados...






Grazas pola acollida e a atención recibida !!!!!!!!




Normas sala de lectura

Actualizáronse as normas da sala de lectura e continuase co acondicionamento da mesma.



venres, 28 de marzo de 2025

Xornadas Plambe

A coordinadora da biblioteca  asistiu o 20 de marzo ás Xornadas Plambe onde puido presenciar  charlas moi interesantes e ver o gran traballo que se está a facer nos centros escolares. 




Hora de ler

 A biblio ofrece un lugar acolledor e versátil para o momento lector.



Semana da prensa

 Do 10 ao 14 de marzo conmemoramos no cole a Semana da Prensa con diversas actividades , aínda que en moitas clases  dita conmemoración prolongouse todo o mes.

Como en anos anteriores aunamos o 8M , a Semana da Prensa e o proxecto anual de centro "Seoarte" para deseñar a actividade "Mulleres na arte" onde cada clase realizou entrevista a mulleres relevantes dentro dese ámbito.

Os traballos realizados expuxéronse  na zona exterior da biblioteca .

Estes traballos encadernaranse e pasarán a formar parte dos fondos bibliográficos da biblio.




As clases de 5º e 6º de EP participan no programa Prensa-escola da Voz de Galicia.

Realizamos tamén unha exposición temática relativa ao 8 M




xoves, 27 de marzo de 2025

Tempo de Entroido

Coma en anos anteriores para inaugurar o Entroido e tamén para despedilo organízouse na biblioteca dous Maratóns de chistes.



Cheo Total!!!!!!
Grazas pola vosa participación e asistencia!!!!!!


A un paso do préstamo informatizado

 Quédanos xa moi pouco para comezar co préstamo informatizado. 

Estanse catalogando os últimos libros, os carnets xa preparados e comeza a conta atrás.



Club de lectura : Nieve

 Se o primeiro libro do club de lectura foi narrativa , o segundo non podía ser outro  xénero que teatro:

Nieve de Ana Alonso, Ed. Anaya.

Neste tivemos dúas sesións. 

A primeira , Falamos con Leo, para intercambiar opinións e valoracións sobre o libro.

E unha segunda onde fixemos teatro a partir do libro e das emocións que nel saían reflectidas. 

Pasárono moi ben , demostrando as súas dotes interpretativas.






Club de lectura : Tres segundos na zona

 Tres sesións adicamos ao libro Tres segundos na zona no club de lectura Seoaniñas lectoras.

A primeira, Falamos con Leo , onde compartimos as nosas opinións e valoracións sobre o libro.

Unha segunda de desenvolvemento dos guións do podcats a elaborar sobre o libro.

E unha terceira de gravación.

E aínda que tivemos problemas técnicos coa radio conseguimos gravar e subilo a Ivoox.