BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP LUÍS SEOANE. MAIANCA-OLEIROS.

venres, 28 de marzo de 2025

Semana da prensa

 Do 10 ao 14 de marzo conmemoramos no cole a Semana da Prensa con diversas actividades , aínda que en moitas clases  dita conmemoración prolongouse todo o mes.

Como en anos anteriores aunamos o 8M , a Semana da Prensa e o proxecto anual de centro "Seoarte" para deseñar a actividade "Mulleres na arte" onde cada clase realizou entrevista a mulleres relevantes dentro dese ámbito.

Os traballos realizados expuxéronse  na zona exterior da biblioteca .

Estes traballos encadernaranse e pasarán a formar parte dos fondos bibliográficos da biblio.




As clases de 5º e 6º de EP participan no programa Prensa-escola da Voz de Galicia.

Realizamos tamén unha exposición temática relativa ao 8 M




Ningún comentario: