BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP LUÍS SEOANE. MAIANCA-OLEIROS.

venres, 15 de maio de 2020

RICARDO CARVALHO CALERO

O día das Letras Galegas é unha conmemoración instaurada en 1963 pola Real academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en galego ou pola súa defensa da lingua. Cada ano adícase a unha personalidade diferente , escollida pola RAG, tendo en conta que se esixen ao menos dez anos dende o seu falecemento. Dende a instauración desta conmemoración, soamente en 1998 adicouse conxuntamente a tres autores ,os poetas mediavais Martín Codax, Xohán de Cangas e Medinho, famosos polas súas cantigas.
A data do día das Letras Galegas coincide coa publicación en 1863, en Vigo, do primer exemplar de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, que marcaría o Rexurdimento cultural do galego.
Este ano adícase a  Ricardo Carvalho Calero.
Na seguinte páxina  tedes actividades diversas sobre o autor. Pincha na imaxe.



Tamén os Bolechas  teñen a súa aportación cun  libro adicado a Carvalho Calero .


As pitas baixo a choiva , conto, música e unidade didáctica, traballo da Coordenadora de equipos de Normalización Lingüística de Ferrolterra,Pincha na imaxe.  
                     
                            

Ningún comentario: