BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP LUÍS SEOANE. MAIANCA-OLEIROS.

luns, 11 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020- Poetas e poetisas- NOVA ACTIVIDADE

Somos poetas e poetisas.
Son moitos os poetas galegos a destacar :  Rosalia, Eduardo  Pondal, Blanco Amor, Curros Enriquez, Ramón Cabanillas, Celso Emilio Ferreiro, Manuel Antonio, Manuel María, Aquilino Iglesia  Alvariño,Antonio García Teijeiro , Helena  Villar  Janeiro…
Coincidindo coa semana das letras galegas  e a gran cantidade de poetas que existen e existiron na nosa Terra, dende a biblioteca propoñémosvos a seguinte actividade:
Hoxe ides ser vós os poetas e poetisas. Escolledes unha poesía en galego, do autor/a que vós queirades  e gravades un audio, no que recitedes a poesía escollida.
Dito audio virá acompañado dun debuxo , en horizontal, representativo da poesía e có nome e curso,título da poesía e nome do autor.

Email: bibliotecasmera19@gmail.com

Aí van os primeiros:
A fala de Manuel María que recita a profe María José.
Aire puro de Celso Emilio Ferreiro , o profe Quique.
Negra sombra  de Rosalía de Castro, a profe Araceli.
Amor esa palabra  de Helena Villar Janeiro , a profe Silvia.
 



 
                                       

                                       
 ÁNIMO  CON ESES POEMAS!!!!!

Ningún comentario: