BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP LUÍS SEOANE. MAIANCA-OLEIROS.

venres, 5 de xuño de 2026

A Ratiña Pérez

Este curso a nosa Ratiña Pérez estivo máis centrada nas aulas de EI , cos nenos e nenas as que lles caeu o seu primeiro dente.

De cando en vez veu a Primaria e tras pasarlles unhas pequenas probas aos nenos tamén lles deixou un pequeno agasallo a cambio do dente caído.







BEDETECA

BEDETECA  rematada , grazas a gran axuda do alumnado colaborador nas tarefas de ordenar , organizar e catalogar.







Recuncho Erasmus

O noso recuncho Erasmus segue crecendo , libros en alemán , eslovaco, francés , italiano e  portugués.

As últimas novidades:

Au loup de Stephanie Blake.

LOULOU de Gregoire Solotareff

As sementes de céu de Mia Couto

A meniña do mar de Sophia de Mello.



martes, 2 de xuño de 2026

Última sesión do Club de lectura

Chegamos ao fin desta II edición do club de lectura  " Leo con Leo - Xogadores de libros "

Aproveitamos para realizar unha avaliación das sesións realizadas e coñecer as opinións e impresións dos integrantes.

Repartíronse  uns pequenos agasallos e un diploma do seu paso polo club.

Foi unha actividade moi satisfactoria.Grazas a todos os que fixeron  posible esta actividade : alumnos , familias , profes , Silvia Penide e Alicia Sánchez.



Librezzería Leo Moito

Hoxe comezou unha orixinal e divertida actividade na biblioteca: A Librezzería Leo Moito.

Que agocharán dentro esas caixas de librizzas?

Haínas de todo tipo : de fantasía , máxicas, salvaxes, verdes, salgadas....





Apadriñamento lector.

 O fin de curso está próximo , e con el chega a actividade Ola e Adeus , onde os nenos e nenas de 6º de EP apadriñan ao alumnado de 6º de EI, que comezará a súa andaina por Primaria o vindeiro curso.

A primeira actividade foi unha lectura conxunta entre as catro clases e un pequeno período de xogo.





Día da ciencia

O pasado martes, 26 de maio, tivemos no centro  a actividade "Día da ciencia" organizada polo equipo de Polos Creativos  e coma en anos anteriores estivo abertas ás familias para que poideran desfrutar dos traballos dos seus fillos e fillas e de todo o alumnado en xeral.

E como non podía ser doutra forma a biblioteca tamén participou nesta actividade cun proxecto que aunaba á escritora homenaxeada no Día das Letras Galegas e a robótica. 






Nos días posteriores colocouse un mural para que os nenos e nenas poideran expresar a súas opinións sobre a actividade e realizaron un pequeno obradoiro de robótica na bibio.



martes, 19 de maio de 2026

Sesión de ioga no club de lectura .

 Esta vez dividimos a sesión en dúas partes :

Unha primeira parte adicada a "Falamos con Leo" : onde comentáronse  as novelas gráficas lidas.

E unha segunda onde tivo lugar unha sesión de ioga , grazas a profe Irene, que nos serviu para presentar o novo libro, neste caso divulgativo:






Grazas Irene por esta estupenda sesión!!!!!



Día das Letras Galegas

Dende a biblioteca presentamos un vídeo resumo dalgunhas das actividades realizadas  para conmemorar o día das Letras Galegas.



9 de maio DÍA DE EUROPA

Para conmemorar  o Día de Europa  o Equipo de biblioteca  e o  Equipo de saudadores realizaron un obradoiro de bandeiras  e de curiosidades sobre Europa. 








mércores, 6 de maio de 2026

Charlamos con Alicia

Este xoves pasado tivemos a penúltima sesión do Club   de lectura  "Xogadores de libros" onde contamos coa visita de Alicia , unha xove emprendedora que xunto coa súa irmá Isabel  crearon a libraría "Que me contas"en Perillo.

Falamos do seu día a día , do que a levou a montar a súa propia libraría , do que lía de nena , do que le agora, dos libros máis vendidos... e tróuxonos non só unha mostra do que lía de nena senón tamén os novos exemplares das novelas gráficas que toca ler no club de lectura este mes.

Nesta ocasión os nenos e nenas puideron elexir entre diferentes novelas e intercambiaranas cando rematen de lelas, é dicir neste caso lerán varios libros cada un. 

Todo un éxito as novelas gráficas!!!!!!!!





Moitas grazas Alicia !!!!!!

venres, 24 de abril de 2026

Au loup!

Seguindo coas actividades para conmemorar O día do libro, este venres tivemos contacontos na biblioteca.O profe Xoán e algúns dos seus alumnos contáronnos "Au loup!", un simpático conto en francés da autora Stéfhanie Blake.



xoves, 23 de abril de 2026

Maratón de lectura

Coma en anos anteriores unha das actividades a realizar a nivel de centro para conmemorar O día do libro é "O Maraton de Lectura". 5 horas de lectura ininterrumpida no escenario do noso patio. Todas os  nenos e nenas do cole participaron nesta actividade e pasáronno moi ben.

                                   




Obradoiro de poesía

Na sesión do xoves 16 de abril no Club de lectura Leo con Leo, "Xogadores de libros",  tivemos un obradoiro de poesía impartido pola escritora e cantautora Silvia Penide.






Grazas Silvia pola túa participación!!!!!!