mércores, 15 de abril de 2026
venres, 10 de abril de 2026
Semana da Prensa 2026
Este mes desenvolveuse o proxecto " Muller e xogo" dentro das actividades programadas para conmemorar a Semana da prensa.Os alumnos e alumnas convertéronse en reporteiros e reporteiras e investigaron sobre a evolución do xogo e o papel das nenas da nosa contorna nos xogos infantís ao longo do tempo.
Os traballos realizáronse en tamaño A3 e seguindo a estrutura dun xornal.Foron expostos ás entradas da biblioteca de EP e da sala de lectura de EI.
xoves, 9 de abril de 2026
Atrapados en una partida de ajedrez
Despois de "Volverás golfiño" tocoulle a quenda a "Atrapados en una partida de ajedrez".Leron o libro , fixemos unha sesión de posta en común e xogaron ao xadrez, os que xa sabían ensinaron aos que non .
Sesión moi divertida!
Que estarán a preparar agora?
Relatos terroríficos no club de lectura.
Despois da lectura e charla grupal sobre o libro "Volverás golfiño" , os nenos e nenas do club de lectura planificaron , redactaron e gravaron na radio uns pequenos relatos terroríficos.





