BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP LUÍS SEOANE. MAIANCA-OLEIROS.

martes, 19 de maio de 2026

Sesión de ioga no club de lectura .

 Esta vez dividimos a sesión en dúas partes :

Unha primeira parte adicada a "Falamos con Leo" : onde comentáronse  as novelas gráficas lidas.

E unha segunda onde tivo lugar unha sesión de ioga , grazas a profe Irene, que nos serviu para presentar o novo libro, neste caso divulgativo:






Grazas Irene por esta estupenda sesión!!!!!



Día das Letras Galegas

Dende a biblioteca presentamos un vídeo resumo dalgunhas das actividades realizadas  para conmemorar o día das Letras Galegas.



9 de maio DÍA DE EUROPA

Para conmemorar  o Día de Europa  o Equipo de biblioteca  e o  Equipo de saudadores realizaron un obradoiro de bandeiras  e de curiosidades sobre Europa. 








mércores, 6 de maio de 2026

Charlamos con Alicia

Este xoves pasado tivemos a penúltima sesión do Club   de lectura  "Xogadores de libros" onde contamos coa visita de Alicia , unha xove emprendedora que xunto coa súa irmá Isabel  crearon a libraría "Que me contas"en Perillo.

Falamos do seu día a día , do que a levou a montar a súa propia libraría , do que lía de nena , do que le agora, dos libros máis vendidos... e tróuxonos non só unha mostra do que lía de nena senón tamén os novos exemplares das novelas gráficas que toca ler no club de lectura este mes.

Nesta ocasión os nenos e nenas puideron elexir entre diferentes novelas e intercambiaranas cando rematen de lelas, é dicir neste caso lerán varios libros cada un. 

Todo un éxito as novelas gráficas!!!!!!!!





Moitas grazas Alicia !!!!!!