BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP LUÍS SEOANE. MAIANCA-OLEIROS.

mércores, 5 de febreiro de 2020

CONTACONTOS EN EDUCACIÓN INFANTIL

                            ANIMÁDEVOS AO CONTACONTOS DAS FAMILIAS !!!!!!!!!!!!!!

Dende a biblioteca de infantil invitámosvos a participar nas sesións de contacontos para os vosos fillos/as que realizaránse nas datas sinaladas. Escollede a data ou datas que mellor se adapten aos vosos horarios .É unha actividade voluntaria,dirixida ás familias (pais,nais,avós,...) na que a  persoa invitada conta un conto aos nenos/as de catro anos (32 cativos/as) O conto pode vir da vosa casa ou podedes escoller un da nosa biblioteca.
Se tedes disponibilidade horaria anotádevos en varias datas para que as mestras podamos facer o horario incluíndo a todas as persoas que queirades participar.
O horario é os LUNS E XOVES de 12:30 a 13 horas na biblioteca do cole de infantil (planta baixa)
Estas son as datas previstas para este trimestre:
Mes de FEBREIRO                   Familia de :                  
Luns 3 de febreiro  

Xoves 6 de febreiro

Luns 10 de febreiro

Xoves 13 de febreiro

 Luns 17 de febreiro

 Xoves 20 de febreiro

Mes de MARZO                          Familia de :   
Luns 2 de marzo

Xoves 5 de marzo

Luns 9 de marzo

Xoves 12 de marzo

Luns 16 de marzo

Luns 23 de marzo

Xoves 26 de marzo

                              
Anotádevos na data que prefirades e enviar de volta esta nota .
Aquelas familias que non podan participar nesta actividade , poden recomendarnos un conto .
Calquera dúbida consultade coas mestras de catro anos.

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN
     Silvia y Bea




Familia de …..................................................non podo asistir a actividade e recoméndovos este conto para ler na escola.

…..................................................................................................................................................






       

mércores, 29 de xaneiro de 2020

OBRADOIRO : SEOANIÑOS E SEOANIÑAS POLA PAZ.

Dende a biblioteca e en horario do recreo , lévase a cabo o obradoiro :Seoaniños e seoaniñas pola paz, nesta última semana de xaneiro adicada a conmemorar o día da Paz.
Neste obradoiro elabóranse pombas ao estilo de Luís Seoane.






RECOMÉNDANOS UN CONTO

Comezamos unha nova actividade: Recoméndanos un conto.
As primeiras en comezar foron as profes de Infantil que aproveitando un proxecto de animación á lectura levado a cabo en 6º de EI, recomendáronnos o conto La casa de los ratones de Karina Schaapman.









Proximamente os colaboradores de 5º e 6º de primaria recomendaranvos novos libros.

mércores, 8 de xaneiro de 2020

O NADAL NA BIBLIO DE INFANTIL

Estupenda a entrada da biblioteca de infantil.


TEMPO DE NADAL

Os nenos e nenas de 5º e 6º colaboraron na decoración , ambientación  da biblioteca  e na selección de libros para a exposición de Nadal-inverno.