O equipo de biblioteca recoméndavos lecturas coa temática da non violencia e da paz.
domingo, 30 de xaneiro de 2022
martes, 30 de novembro de 2021
Billy y el vestido rosa
Dende a biblioteca realizouse unha exposición temática e coa axuda dos nenos e nenas colaboradores da biblio gravouse un vídeo que inclúe un audio das primeiras páxinas do libro Billy y el vestido rosa.Libro que trata moitos dos prexuizos que aínda persisten na nosa sociedade.
"Unha mañá Billy espertou convertido nunha rapaza .A súa nai púxolle un vestido e mandouno o cole. Billy non saía do seu asombro.Todo cambiara dende que levaba un vestido rosa! Trataranno distinto por ter aspecto de nena?"
venres, 26 de novembro de 2021
Exposicións
Nestes momentos temos 3 exposicións convivindo na biblioteca de E.primaria,unha de novidades e dúas temáticas: libros terroríficos e monstruosos e libros relacionados con 25 de novembro, Día contra a violencia de xénero.
Seguimos co Reto Lector
Un mes despois de comezar o Reto Lector vemos xa carnets medio cubertos , nenos e nenas que participan no reto con moito interese.
Dende o Equipo de biblio estamos moi contento coa
participación .Grazas e ánimo!!!!!!
martes, 2 de novembro de 2021
INVITACIÓNS DE LEO MOITO
TEMPO DE MAGOSTOMAÍN
Foron moitas as actividades que se realizaron no cole para conmemorar o Magostomaín.
Dende a biblioteca realizouse unha exposición de libros relacionados co Samaín e co Magosto, ademais da ambientación da mesma.