BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP LUÍS SEOANE. MAIANCA-OLEIROS.

venres, 14 de outubro de 2022

Ficha de lectura

Deixamos unha ficha de lectura  para 2º e 3º ciclo (en castelán e en galego) que podedes utilizar para o momento lector .










NORMAS BIBLIOTECA CURS0 22/23

Xa estamos de volta. 
Este curso sen restriccións de acceso por mor do Covid.
Empezamos lembrando as normas da nosa biblio.



martes, 21 de xuño de 2022

Reto lector - O desenlace.

O reto Lector chegou ao seu fin, e os nenos e nenas colaboradores da biblio , pasaron polas aulas para entregar diplomas e agasallos. No caso de EI aproveitaron  os días dos contacontos para facer entrega deles.


 

                           PARABÉNS!!!!!!!!!!!!
 

Contacontos en Infantil

O alumnado  colaborador da biblio realizou sesións de contacontos aos nenos e nenas  de 4º,5º e 6º de EI.

La vaca que se subió a un árbol, Los lobos que vinieron a cenar, Capitán Verdemán ,superhéroe del  reciclaje y El lobo que quería ser un superhéroe.








Exposición Xuño

Neste mes de xuño tivemos unha exposición de libros relacionados co Día Mundial do Medio ambiente.



martes, 10 de maio de 2022

DÍA DO LIBRO 2022

Co motivo do Día do libro, no cole fixemos a actividade BOOKFLIX, onde o alumnado de infantil e primaria ,fixo recomendacións de libros  aos compañeiros/as.

Obtivemos unhas suxestións estupendas!!!!!!

Grazas pola vosa participación.






Contando sempre coa axuda dos nenos e nenas colaboradores da biblio.





GRAZAS!!!!!!


martes, 5 de abril de 2022

Exposicións mes de abril

Este mes de abril temos na biblio dúas exposicións :

-Unha relacionada co Día Mundial  de Concienciación sobre o Autismo

-E outra para conmemorar o  Día internacional do Libro Infantil.




                   

E continuamos co reto lector.

Xa queda menos!!!!! Ánimo!!!!!



"As historias son ás que axudan a remontar o voo cada día"

Richard Van Camp