BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP LUÍS SEOANE. MAIANCA-OLEIROS.

sábado, 8 de abril de 2023

¡Qué jaleo Timoteo!

O venres 17 de marzo  o equipo de biblio representou o conto ¡Qué jaleo Timoteo! para os nenos e nenas de 6º de EI.


 

venres, 10 de marzo de 2023

8M

Para conmemorar o 8M , a Semana da prensa e seguindo co  noso proxecto de centro ,A volta ao mundo en 80 días , realizouse a actividade MULLERES VIAXEIRAS.

Participou todo o cole e presentaron uns artigos de investigación moi, moi interesantes.


E como cada conmemoración realizouse unha exposición con libros relacionados coa temática.





Marcelina en la cocina

E seguindo cos contacontos  narrados polo equipo de biblio , hoxe  tocoulle a quenda aos nenos e nenas de 5º de EI  e ao álbum ilustrado  Marcelina en la cocina. 





Felipe tiene gripe

O venres 3 de marzo visitaron a biblio de primaria os nenos e nenas de 4º de EI para asistir ao contacontos Felipe tiene gripe  a cargo do equipo de biblio.





venres, 24 de febreiro de 2023

UN ENTROIDO DE RISAS

Nada mellor que unhas risas para comezar o Entroido, e así comezamos o día 10 cun Maratón de chistes na biblio, actividade que rematamos hoxe e que dá por finalizado o Entroido este curso no cole.

A actividade tivo moi boa acollida entre o alumnado, grazas aos participantes e aos nenos e nenas que asistiron de público.




xoves, 9 de febreiro de 2023

MALETAS VIAXEIRAS

Se hai algo que lles encanta ao alumnado colaborador da biblio é visitar aos nenos e nenas de EI.

Esta vez leváronlle maletas viaxeiras cheas de libros moi moi chulos!!!!!!









MÁIS VENRES DE CONTO

Ampliamos a actividade Venres de conto tamén ao profesorado  e a profe Bea contounos El día que empezó la guerra e a profe Lara El árbol de la amistad, contos cos que puidemos traballar o Día da Paz.

Sen esquecer El lápiz mágico de Malala narrado por alumnas de 6º, colaboradoras da biblio,Jana , Sabela e  Lucía.

Grazas a todas elas.