Visitáronnos os nenos e nenas de 5 anos para contarnos un conto.
Moitas grazas!!!!! Encantounos!!!!
E para conmemorar a semana do libro entre outras actividades realizouse o 1º Maratón de lectura do Ceip Luís Seoane , case 5 horas de lectura ininterrompida no centro, grazas á participación de todas as clases.
No mes de abril contamos con exposición de novidades e exposición temática sobre O Autismo e Diversidade.Ditas exposicións estiveron todo o mes e foise renovando os libros expostos.
Leo Moito reaparece cunha imaxe renovada e disposto a traernos unha gran sorpresa para o último mes.
Que ou quen será?
O 21 de abril na actividade Venres de conto:"At the acquarius" , contacontos en inglés grazas á profe Natalia que contou coa colaboración do equipo de biblio.