Dentro das actividades de animación á lectura ofertadas polo Concello de Oleiros , hoxe o alumnado de 5º e 6º curso de EP asistiu a unha charla sobre ilustración a cargo do ilustrador Óscar Villán ( O coelliño branco, A cebra Camila, As peripecias de Extravaganzza Pérez...), quen despois da actividade asinounos, con debuxos incluídos, exemplares da nosa biblioteca. Grazas!!!!!!
xoves, 25 de abril de 2024
Animación á lectura con Óscar Villán
martes, 23 de abril de 2024
Feliz Día do libro!
Dende E.Infantil felicitan e conmemoran o Día do libro con esta fantástica actividade.
Maratón de lectura
Comezamos a Semana do libro coa realización da actividade Maratón de lectura, onde todas as clases, seguindo un horario, baixaron ao escenario ao longo da mañá para ler un anaquiño e manter a lectura no cole de forma ininterrumpida de 9:00 a 14:00.
venres, 19 de abril de 2024
2 de abril Día Mundial de concienciación sobre o autismo
Neste 2 de abril , Día Mundial de concienciación sobre o autismo , leváronse a cabo actividades a nivel de centro e de aula,e dende a biblioteca realizouse tamén unha exposición sobre diversidade.
venres, 12 de abril de 2024
Vivan as vacacións !
Unha das poesías recitadas o Día Internacional da poesía foi "Vivan as vacacións!" elaborada e recitada por Camila, Carmen D, Gala, Kinga, Lía e Martina.
luns, 1 de abril de 2024
Marzo chuvioso
Tanta chuvia impediu abrir a biblio moitos venres , pero a pesar de todo conseguimos realizar as sesións de contacontos para E.primaria e E.Infantil : Todos menos uno e Orellas de bolboreta.













