O pasado 31 de maio rematou o Reto lector.Que sorpresa traerá Leo Moito aos nenos e nenas que conseguiron rematalo???????
mércores, 5 de xuño de 2024
sábado, 11 de maio de 2024
sábado, 4 de maio de 2024
Lánzate á aventura , escolle unha lectura.
Xa para rematar a conmemoración da Semana do libro presentouse a actividade "Lánzate á aventura , escolle unha lectura", podcasts de recomendacións literarias infantil-xuvenil elaborados polo equipo de colaboradores da biblioteca escolar xunto coa clase de 6ºC de EP.
Esta actividade presentouse no Día da ciencia .
venres, 3 de maio de 2024
Cita a cegas
Seguindo coa programación para a semana do libro realizouse a actividade Cita a cegas , onde os nenos e nenas levaron un libro en préstamo envolto en papel de agasallo sen saber que libro lles tocaría.
Libro busca casa
Na Semana do libro realizamos tamén a actividade "Libro busca casa", onde os libros que deixan de formar parte da nosa biblioteca para dar paso a outros novos , foron postos en exposición para que aqueles nenos e nenas que así o quixeran, leváranos de agasallo; a cambio os nenos e nenas cubriron unhas notiñas de agradecemento expostas nun mural elaborado para tal fin.
Había libros moi interesantes que xa teñen unha segunda vida.
Contacontos en Infantil-Mes de maio
No día de hoxe tivemos en 6º de EI a Adriana e Loli , a mamá e a madriña de Breogán, que viñeron a contarnos " A que sabe a Lúa?" en lingua de signos.Os nenos e nenas aprenderon ademais a dicir de forma xestual palabras como lúa ou tartaruga.
Tamén Beatriz, a mamá de Clara, contounos "El lobito azul".
Marabillosos! Mil grazas!
Contacontos en Infantil-Mes de abril
Este pasado mes de abril tivemos dous contacontos en 6º de EI.
Domindo , o pai de Carmen , contounos "La casa de Tomasa" e Sofía, a mamá de Vera, "Así es mi corazón" e "Cierra los ojos" .
Marabillosos! Mil grazas.







.jpg)

.jpg)






.jpg)











