As mestras participantes no proxecto Erasmus + contribúen ao fondo bibliográfico con aportacións dos países visitados, neste caso Portugal.
Moitas Grazas!!!!!!!!
As mestras participantes no proxecto Erasmus + contribúen ao fondo bibliográfico con aportacións dos países visitados, neste caso Portugal.
Dentro do club de lectura Seoaniñas lectoras , despois da lectura do libro "Poemas bestas e outros bechos" tivemos a visita da veterinaria Sara que nos falou do seu traballo , dos distintos coidados as nosas mascotas ,da responsabilidade que implica, e moito máis ... Sesión moi amena e entretida!!!!!
O alumnado de 5º B entrevistou a actriz Melania Cruz , coñecida polo seu extenso traballo tanto en cine coma en televisión e teatro , gañadora no 2022 do premio da Cultura Galega das artes escénicas.
Despois de ler o libro Poemas bestas e outros bechos o club de lectura Seoaniñas Lectoras elaborou unhas poesías surrealistas a partir da escolla individual de versos dos compoñentes do club.
O alumnado de 5º A fixo unha entrevista a Sabela Hermida , que ademais de actriz, bailarina e licenciada en filosofía, ten realizado un longo traballo sobre a figura de María Casares.
As mestras participantes no proxecto Erasmus + contribúen ao fondo bibliográfico con aportacións dos países visitados , neste caso Alemaña e Eslovaquia
Rematada a catalogación dos libros da biblioteca co programa Meiga comezouse o préstamo informatizado.