Os nenos e nenas colaboradores da biblioteca pasaron polas aulas para explicar o Reto Lector que comezará mañá venres , coincidindo co Día Internacional das bibliotecas.
xoves, 23 de outubro de 2025
Bibliopatio Infantil
O alumnado colaborador da biblioteca adica 1 sesión semanal a dinamizar o bibliopatio en Educación Infantil.
Exitazo !!!!!!!!!!
venres, 19 de setembro de 2025
Club de lectura
Este curso 2025-26 teremos a II edición do club de lectura Leo con Leo .
Dous xoves ao mes, de outubro a xuño, de 16:00-17:00 h, na biblioteca do centro.
Ademais de tertulias sobre os libros teremos diversas actividades de animación á lectura: Teatro, plástica, radio escolar, visitas sorpresas e moitas máis...
Apúntate , non esperes máis , pasaralo moi ben.
Actividade totalmente gratuita.
xoves, 26 de xuño de 2025
Equipo de Biblioteca.
Tamén este mes de xuño foi tempo de celebración , tivemos festa en Boas Prácticas para agradecer ao alumnado a súa colaboración e o seu bo facer.
E o 20 de xuño xunto coa festa de graduación do alumnado de sexto tivemos a entrega de petos, para tal ocasión o Equipo de Biblioteca compuxo a súa propia canción.
E agora Bolonia!
As profes participantes no Erasmus + trouxéronnos 2 libros máis. Que marabilla! Directos de Bolonia grazas ás profes Loli e Noelia.
Grazas!!!!











.jpg)




