BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP LUÍS SEOANE. MAIANCA-OLEIROS.

xoves, 5 de marzo de 2026

MOCHILAS TEMÁTICAS PARA FAMILIAS

Desde a biblioteca Leo Moito deseñamos unha nova proposta para as familias do cole: mochilas temáticas para poder desfrutar na casa , nas que atoparedes tanto libros para ler coas vosas fillas e fillos como libros para vós sobre diversas temáticas.

O período de préstamo será de quince días e non poderá ser renovado para favorecer a súa dispoñibilidade e serán entregadas por orde de chegada da solicitude. Cada familia só poderá ter emprestada unha mochila de cada vez.

Estas son as mochilas temáticas que temos preparadas:

Mochila 1; Educación Emocional I

Mochila 2: Educación Emocional II

Mochila 3: Educación Afectivo-sexual 3º ciclo EP

Mochila 4: Eureka! Xogamos coa ciencia.

Mochila 5: Seoane en xogo

Podedes solicitalas a través do seguinte FORMULARIO

Desde a Biblioteca Leo Moito do CEIP Luís Seoane desexámosvos que gocedes do pracer da lectura.








venres, 27 de febreiro de 2026

Maratón de chistes

 Seguindo co noso tradicional Maratón de chistes, comezamos e rematamos o Entroido cunhas risas entre os nenos e nenas que se animaron a participar e o público asistente .

Grazas a todos , un ano máis !!!!!!!




Sesións de traballo

Dúas sesións de traballo , onde os nenos e nenas do club de lectura redactaron pequenas  historias de medo , organizaron os guións e gravaron na radio.

Proximamente publicaremos os podcats resultantes.






Novos Xogos

 Seguimos aumentando os fondos da biblio, neste caso novos xogos.



sábado, 31 de xaneiro de 2026

Recuncho de novidades

No noso recuncho de novidades seguen aparecendo libros novos que lles encantan ao noso alumnado!!!!! 




Contamos coa gran axuda do alumnado coladorador para a catalogación dos libros.



Carriños temáticos

No 3º ciclo de EP tamén comezaron a funcionar os carriños temáticos de ciencias da natureza e ciencias sociais.






Maletas viaxeiras en EI

As maletas viaxeiras xa chegaron ás aulas de Educación Infantil.