Mañá mércores inaugúrase o bibliopatio en Primaria.Anímate e ven visitarnos!
martes, 28 de maio de 2019
BIBLIOPATIO EN INFANTIL
mércores, 22 de maio de 2019
EU CONVERSO EN GALEGO
Ao longo do mes de maio e conmemorando o Día das Letras Galegas, tedes a vosa disposición un Photocall , situado na planta baixa do edificio de E.primaria , a carón da porta de entrada do comedor, co lema: Eu converso en galego , e ti?
mércores, 15 de maio de 2019
23 de abril -DÍA DO LIBRO
Co motivo do Día do libro realizouse unha exposición temática, propúxose facer o momento lector ese día ao aire libre e proporcionóuselles ás aulas marcapáxinas para colorear.
ACTIVIDADES MÁIS SECUNDADAS
Tivo lugar no pasado trimestre dúas das actividades que máis gustaron os nenos/as do cole:
O buzón do amor e a amizade e Apadriñamentos lectores .
BUZÓN DO AMOR E A AMIZADE.
O buzón do amor e a amizade estivo exposto durante parte do mes de febreiro.
Púxose a disposición do todo o centro ,nenos/as, profes e persoal non docente un buzón para celebrar, non un día, senón dúas semanas, as semanas do amor e da amizade, na que puideron escribir cartas , notas, poemas… a outras persoas do cole.
Foi tal o éxito que recibimos máis de 400 cartas e o alumnado de 5º e 6º colaborador da biblioteca foron os encargados de repartirlas por todo o cole.

APADRIÑAMENTOS LECTORES
Os nenos e nenas de cursos máis altos foron os encargados de ler aos máis pequenos aqueles libros que previamente escolleran.Foi todo un éxito.
O equipo TICs elaborou este vídeo que recolle momentos desta lectura compartida.
xoves, 18 de abril de 2019
BIBLIOTECA ESCOLAR
A biblioteca escolar é un instrumento fundamental para o desenvolvemento do programa de promoción da lectura e o centro de referencia de recursos de lectura, da información e da aprendizaxe.
Dende o equipo da biblioteca desenvolvemos este blogue como un recurso máis que permita a comunicación co alumnado , profesorado e familias.
Son moitas as actividades que vimos realizando dende a biblioteca , contando sempre coa axuda do nenos/as de 5º e 6º integrantes do grupo de alumnado colaborador da biblioteca, e esperamos que todas esas actividades e as que realizaremos contribúan ao fomento da lectura e achegamento á biblioteca escolar,dando respostas ás necesidades de todo o alumnado.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)