Co motivo do Día do libro, no cole fixemos a actividade BOOKFLIX, onde o alumnado de infantil e primaria ,fixo recomendacións de libros aos compañeiros/as.
Obtivemos unhas suxestións estupendas!!!!!!
Grazas pola vosa participación.
GRAZAS!!!!!!
Co motivo do Día do libro, no cole fixemos a actividade BOOKFLIX, onde o alumnado de infantil e primaria ,fixo recomendacións de libros aos compañeiros/as.
Obtivemos unhas suxestións estupendas!!!!!!
Grazas pola vosa participación.
GRAZAS!!!!!!
Este mes de abril temos na biblio dúas exposicións :
-Unha relacionada co Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo
-E outra para conmemorar o Día internacional do Libro Infantil.

E continuamos co reto lector.
Xa queda menos!!!!! Ánimo!!!!!
"As historias son ás que axudan a remontar o voo cada día"
Richard Van Camp
Do 7 ao 11 de marzo celebramos a Semana da prensa coa elaboración de portadas de xornais .
Cada clase escolleu un nome para o xornal e seleccionou , resumiu , redactou, debuxou, coloreu ... unhas estupendas portadas das que fixemos unha exposición.
Este mes na biblio temos unha pequena exposición de libros relacionados co 8M, xunto coa de Mulleres na ciencia que aínda mantemos.
O equipo de biblio elaborou un vídeo novo para conmemorar o Día de Rosalía, consta da recomendación de dous libros e o recitado dalgunhas estrofas.
O equipo de biblioteca recoméndavos lecturas coa temática da non violencia e da paz.
Dende a biblioteca realizouse unha exposición temática e coa axuda dos nenos e nenas colaboradores da biblio gravouse un vídeo que inclúe un audio das primeiras páxinas do libro Billy y el vestido rosa.Libro que trata moitos dos prexuizos que aínda persisten na nosa sociedade.
"Unha mañá Billy espertou convertido nunha rapaza .A súa nai púxolle un vestido e mandouno o cole. Billy non saía do seu asombro.Todo cambiara dende que levaba un vestido rosa! Trataranno distinto por ter aspecto de nena?"