BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP LUÍS SEOANE. MAIANCA-OLEIROS.

martes, 27 de decembro de 2022

FELICES FESTAS

 O Equipo de biblioteca...

            

Contacontos de Nadal

Este  xoves 22 de decembro tivemos dous contacontos :

O primeiro El Cacasaurio que se zampó la Navidad  a cargo do profe Álvaro e Como esconder un león en Navidad narrado  por alumnas de 5º , membros do equipo de biblio.



Pouco a pouco isto vai avanzando.
Grazas pola vosa colaboración e participación.



venres, 9 de decembro de 2022

VENRES DE CONTO

Comezamos o pasado 25 de novembro unha nova actividade na biblio:VENRES DE CONTO onde os nenos e nenas de 5º e 6º colaboradores da biblioteca  fan de  contacontos  ao resto do alumnado do cole. Comezamos con Rosa Caramelo, despois foi Artur e Clementina e hoxe Panda Pérez.






O vindeiro venres outro conto máis!!!!!!!!
Lembrade os venres ás 11:45 despois de que merendedes.



xoves, 17 de novembro de 2022

Novidades na biblio.

Temos moitos libros novos este  trimestre ,comezamos coas primeiras novidades!!!!!!!






Revista Papagaio

 Xunto a Caracola e Reportero Doc  súmase a nosa biblio a  revista galega Papagaio.




NOVO EQUIPO DE BIBLIOTECA

Novo curso novo equipo de colaboradores ,moitos proceden do curso anterior e outros acceden por primeira vez , a tod@s Benvidos e Grazas pola vosa colaboración !!!!!!! 



domingo, 30 de outubro de 2022

Primeira semana do Reto Lector

Unha semana de moitísimos préstamos de libros, a biblio chea de nenos e nenas de todos os cursos.

Grazas pola vosa participación.

Ánimo e a conseguir o reto!!!!!!!!!