BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP LUÍS SEOANE. MAIANCA-OLEIROS.

luns, 12 de febreiro de 2024

Entroido en Mera

Marabilloso e espectacular foi o festival de Entroido celebrado o venres 9 , adicado este ano ás Olimpíadas, así como a canción Entroido en Mera e o vídeo elaborado contando coa participación de todo o centro.

Parabéns polo magnífico traballo!

II Maratón de chistes no Luís Seoane

E para dar a benvida ao Entroido realizamos na biblio o II Maratón de chistes do Luís Seoane.




Imagine

E para conmemorar o Día da non violencia e a  paz tivemos no recreo a actuación do coro d@s Seoaniñ@s interpretando a canción  Imagine de John Lennon co apoio visual do libro do mesmo título ilustrado por Jean Jullien da editoril Flamboyant.




Grazas rapaces , grazas  profe Lara!!!!!!!!!


venres, 26 de xaneiro de 2024

Visita dos nen@s de EI

O mércores 24 visitáronnos  o resto das clases de EI que faltaban por ver o contacontos da Ratiña Pérez , clases de 3 anos B, 4 anos B e 5 anos B.

Esperamos que vos gustase o conto.




venres, 19 de xaneiro de 2024

Bibliopatio en Infantil

Marabilloso ver os máis pequeniños do cole  desfrutar do bibliopatio!!!!!!!



 

Nova exposición

Nova exposición coa temática do Día da non violencia e da paz.




 

La gran aventura de Nara e O conto da Ratiña Pérez

Venres de conto : 

O día 12 de decembro o profe Jacobo narrounos o conto: A gran aventura de Nara.  



E hoxe tivemos sesión dobre , Olivia , Yolanda e Nuria narraron o conto da Ratiña Pérez no recreo para Educación primaria e Lía, Mencía e Eva , na hora de ler a tres clases de Educación infantil.






Grazas a todos!!!!!!