BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP LUÍS SEOANE. MAIANCA-OLEIROS.

xoves, 21 de novembro de 2024

Leo con Leo : SEOANIÑAS LECTORAS

Xa deu comezo o club de lectura Leo con Leo , este primeiro grupo xa escolleu o seu nome : Seoaniñas lectoras. Todos moi  ilusionados !!!!!!!!

1º libro a ler : Tres segundos na zona ,Xabier López , Santillana.



Volve a Ratiña Pérez

A Ratiña Pérez xa está de volta , grazas aos seus axudantes enviou ás clases de 6º de EI e 1º , 2º e 3º de EP un panel para que os nenos  e nenas que lles caia un dente anótense  nel. No mes de decembro pasarán de novo polas aulas para explicar o seguinte paso...Cal será? Que sorpresa terán?




Normas da biblio

Informouse polas aulas das normas de funcionamento da biblioteca .Os  colaboradores da biblio fixeron máis doado esta tarefa.







mércores, 6 de novembro de 2024

Leo con Leo

Presentamos unha nova actividade : O club de lectura 
Leo con Leo, dirixido ao alumnado de 5º e 6º de EP.    

Se aínda non te apuntaches  e queres participar, non o penses máis,  pasa pola biblio  e apúntate ,  esperámoste , últimos días!!!!!!

xoves, 24 de outubro de 2024

24 de outubro -Día Internacional da Biblioteca

Coincidindo co Día Internacional da Biblioteca , tivo lugar a apertura da nosa biblio , que está a sufrir grandes cambios nestes últimos meses. Comezou hoxe tamén o Reto Lector . 

Cheo total!!!!Grazas a todos !!!!!!!



Reto Lector 24-25- Grandes Artistas

 


Todo preparado!!!!!!

Rematado o periodo de formación os nosos colaboradores da biblio, traballaron   contra  o reloxo para conseguir ter todo preparado para  a apertura da biblio o 24 de outubro, coincidindo co Día Internacional da Biblioteca.

Realizaron murais , pasaron polas aulas para informar da apertura da biblio  e do comezo da actividade do Reto lector, prepararon os carneis artísticos , acondicionaron a biblioteca...