BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP LUÍS SEOANE. MAIANCA-OLEIROS.

mércores, 22 de xaneiro de 2025

Reparto de maletas viaxeiras en EI

Os colaboradores da biblio repartiron polas aulas de EI maletas viaxeiras, ademais de explicarlles o seu funcionamento.







Novos espazos e novos materiais.

Seguimos coa nosa remodelación da biblio e cada día avanzamos un pouco máis, nesta ocasión engadimos un tipi  coa idea de crear  un recuncho da calma dentro da biblio , ademais dunha nova zona de xogos.







Nova exposición

A exposición de Nadal deu paso  á do Día da Paz e da Non violencia.

 




Venres na biblio

Como todos os venres na biblio tivemos actividade especial:

-Contacontos : "A vaca que puxo un ovo" narrado polo profe Jacobo.


E sesión de baile grazas aos nosos colaboradores da biblio. 



Tivemos cheo total e os nenos e nenas pasárono moi ben.

mércores, 18 de decembro de 2024

Actuación do coro

Onte, martes 17 , o coro do cole inagurou as súas actuacións coa realizada na biblio na hora do recreo.

Parabéns nenos e nenas de 5º e 6º de Ep e profe Lara!

Moitas grazas.



Tempo de Nadal

E para celebrar o Nadal na biblio tivemos estes días  Sesión de baile , cunha estupenda coreografía interpretada polos colaboradores da biblio.




Seoaniñas lectoras

O 12 de decembro tivemos nova sesión do club de lectura Leo con Leo: Seoaniñas lectoras.

Fixeron chapas , crearon lemas de animación á lectura que comezaron a gravar  na radio escolar e presentamos o libro a ler.

Unha estupenda sesión de animación á lectura e de convivencia de nenos e nenas de 5º e 6º de EP.