Para conmemorar o día do libro realizamos o noso III Maratón de lectura, onde houbo de forma ininterrumpida , dende as 9 :00 ata as 14:00 , nenos e nenas lendo no escenario do cole. Diferentes libros , formas de organización, estratexias... pero sempre lendo.
mércores, 23 de abril de 2025
Falamos con Leo
Dentro das actividades do club de lectura Seoaniñas lectoras , tocou a quenda de Falamos con Leo , onde os nenos e nenas intercambiaron opinións sobre o libro Poemas bestas e outros bechos de Leire Bilbao.
Día internacional de concienciación sobre o autismo
Chegado abril comezamos coas actividades relacionadas coa concienciación sobre o autismo.
O equipo de biblio ademais de proporcionar bibliografía , realizou contacontos relativos á temática do TEA e a diversidade en xeral para todas as clases de EI e 1º, 2º, 3º de EP.
Así leron e narraron : Por cuatro esquinitas, El cazo de Lorenzo , Elmer, Rojo historia de una cera de colores , Cierra los ojos y Tal especial como quieras ser.
sábado, 29 de marzo de 2025
Club de lectura: Visita á biblioteca María José Trincado
Dentro das actividades do club de lectura o xoves 27 de marzo realizamos unha visita guiada á biblioteca María José Trincado de Mera , onde Rosalía explicounos a distribución da biblioteca, as distintas seccións , a forma de préstamo, os libros máis prestados...
venres, 28 de marzo de 2025
Xornadas Plambe
A coordinadora da biblioteca asistiu o 20 de marzo ás Xornadas Plambe onde puido presenciar charlas moi interesantes e ver o gran traballo que se está a facer nos centros escolares.







.jpg)








