BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP LUÍS SEOANE. MAIANCA-OLEIROS.

xoves, 5 de marzo de 2020

BUZÓN DO AMOR E A AMIZADE.

Quedan poucos días xa para finalizar  a actividade do Buzón do amor e a amizade.Coma en anos anteriores esta actividade ten moito  éxito entre o alumnado. Nela  calquera membro da comunidade educativa pode escribir unha mensaxe, poema, carta , nota...  a outra persoa do cole.
Os  nenos e nenas de 5º e 6º, axudantes  da biblioteca ,serán os encargados de facer chegar as mensaxes aos seus destinatarios.
O buzón atópase na  entrada de biblio de E. Primaria.
Aínda estás a tempo de mandar a túa mensaxe!
Participa!


Ningún comentario: