O día das Letras Galegas é unha conmemoración instaurada en 1963 pola
Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacasen
pola súa creación literaria en galego ou pola súa defensa da lingua.Cada ano adícase a unha personalidade diferente , escollida pola RAG,
tendo en conta que se esixen ao menos dez anos dende o seu falecemento.
Dende a instauración desta conmemoración, soamente en 1998 adicouse
conxuntamente a tres autores ,os poetas mediavais Martín Codax, Xohán de
Cangas e Medinho, famosos polas súas cantigas.
A data do día das Letras Galegas coincide coa publicación en 1863, en
Vigo, do primeiro exemplar de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, que
marcaría o Rexurdimento cultural do galego.
Este ano adícase a XELA ARIAS.
No cole a partir do seu poemario Dario a diario e da súa bibiografía, elaboramos un vídeo recitando os seus poemas e regueifando a súa vida.
RECITA CON XELA.
No blogue de Dinamización da Lingua Galega do cole atoparedes moitos recursos para traballar a figura de Xela Arias.
Feliz Día das Letras galegas 2021!!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario