Este ano no cole para conmemorar o Día do libro realizáronse dúas actividades:
-A primeira delas denominouse:
O Día do libro quixo
un poema e un sorriso
Dita actividade partiu da necesidade de ver o sorriso do noso alumnado despois de todos estes meses coa máscara posta, e deseñouse unha actividade onde os nenos e nenas, profes e persoal non docente escribinse un poema acompañado dunha foto deles sen máscara.
Dito poema podía ser de elaboración propia ou dun poeta recoñecido.
Proporcionouse modelos para a actividade pero deixando liberdade á hora de escoller o formato.
-E a segunda actividade foi o Apadriñamento lector dos nenos e nenas de 6º de Primaria a 6º de infantil.
Realizaron contacontos en vídeo e se o tempo o permite contaránllelos de forma presencial ao aire libre durante os vindeiros venres.
Os nenos e nenas de 6º de EI enviáronnos debuxos dos contos narrados polos alumnos de 6º.
Grazas a todos pola vosa colaboración e participación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario